Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Nigrán ofrece un curso de aprovisionamento e almacenaxe na venda para desempregados

Nigrán ofrece un curso de aprovisionamento e almacenaxe na venda para desempregados

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, anuncia a realización dun curso de "Aprovisionamento e almacenaxe na venda", cunha duración de 40 horas, dirixido a persoas desempregadas e empadroadas no municipio.
Neste curso de formación o alumnado aprenderá a diferenciar e xestionar distintos tipos de stocks e inventarios, coñecerá as variables utilizadas habitualmente na súa xestión e os principais criterios de valoración de resultados, ao mesmo tempo que se familiarizará coa básica de distribución dun almacén e as técnicas de prevención de riscos na materia.


Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), se desenvolverá do 23 de setembro ao 10 de outubro, de luns a venres, en horario de 17.00 a 20.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o vindeiro 13 de setembro, poñendo a disposición dos veciños de Nigrán un total de 20 prazas.
As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Departamento de Emprego de Nigrán, e na páxina web deste concello www.nigran.org.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Emprego, no 986 365 000 - extensión 4, co Centro Antena Municipal, no 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo