Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Novagalicia Banco tamén eliminará as cláusulas de solo das súas hipotecas

Novagalicia Banco tamén eliminará as cláusulas de solo das súas hipotecas

Correo-e Imprimir PDF
Presentacion do acordo de fusion das caixas

NCG Banco acordou eliminar as cláusulas de solo das súas hipotecas, o que afectará a uns 90.000 clientes, o 49% da carteira de créditos con persoas físicas da entidade galega, e a 6.600 millóns de euros de financiamento hipotecario.

NCG Banco aplicará a eliminación das cláusulas de solo con efecto desde o pasado 9 de maio, data da sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade das mesmas.

Durante as próximas semanas, a rede de oficinas da entidade que preside José María Castellano contactará con todos os seus clientes para informarlles da modificación dos contratos hipotecarios e os seus efectos.

NCG Banco detalla na súa nota que accedeu a dar cumprimento da sentenza do Supremo tras recibir contestación á súa solicitude de aclaración, resolvendo un recurso de casación.

O Tribunal Supremo reafirmou onte nun auto a sentenza pola que se declaraban nulas estas cláusulas en caso de producirse falta de transparencia ou información aos usuarios bancarios. O 9 de maio notificouse a resolución do alto tribunal que afectaba a BBVA, NCG Banco e Cajamar.

BBVA e Cajamar anunciaron este mércores a súa decisión de anular as citadas cláusulas en cumprimento da sentenza do Alto Tribunal, un cambio que afecta a uns 530.000 clientes só no caso do banco presidido por Francisco González.