Nun mundo globalizado e interconectado, onde a inmediatez da información pola rede rompe as latencias de espera propias das antigas canles de comunicación; cando acontece un feito como que imos relatar non podemos deixar de sorprendernos, ilusionarnos e emocionarnos. Algo tan sinxelo como unha mensaxe nunha botella.
Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor
Na procura de Inês, unha meniña de Lisboa que enviou unha mensaxe nunha botella que arribou a Baiona
Veciños de Sabarís recadan 200 quilos de alimentos no festival solidario “Operación Kilo”.
O festival solidario "Operación Kilo" de Sabarís acada 200 quilos de alimentos non perecedoiro na tarde do mércores. O evento organizado pola asociación veciñal Castro e Ladeira permitirá fornecer o Banco de Alimentos de Vigo, organización da que é colaboradora. A nutrida asistencia puido gozar das actuacións do pallaso Popin, a Orquestra Pantasma, Pepe Capelán, Benito Lobariñas, Josiño da Teixeira e o Caruncho, quen prestáronse desinteresadamente ao festival solidario. A asociación Castro e Ladeira agradece á veciñanza e artistas que apoiaron a "Operación Kilo" e anuncia un segundo festival solidario que terá lugar o vindeiro 24 de agosto.
As obras na céntrica Avda. Pereira Troncoso de Sabarís continuarán durante o mes de xullo.
Adxudicadas en xullo de 2013 coa condición de rematar a actuación nun mes, as obras na Avenida Pereira Troncoso de Sabarís aínda están en curso. Os traballos comezaron a mediados de xaneiro pasado, mais problemas de orden climatolóxico, segundo as autoridades, levaron a postergar o remate. Este xoves o alcalde Jesús Vázquez e o presidente da deputación, Rafael Louzán percorreron a zona acompañados de comitiva e medios. Prometeron a conclusión das mesmas para este mes de xullo e salientaron “a boa marcha dos traballos”. Entre mentres, comerciantes e veciños da zona día si e outro tamén protestan e denuncian os prexuízos ca demora está a provocar.
Baiona ofrece este verán catro praias sen fume de tabaco.
Coa prohibición de fumar na praia A Concheira, anunciada polo alcalde Jesús Vázquez, xa son catro os areais de Baiona libres de fume de tabaco. Os Frades, A Barbeira e A Ribeira completan a lista de praias que deixan o perímetro do Monte Boi acondicionado con estas características para os bañistas. A medida compleméntase no eido da seguridade coa recuperación do servizo policial en bicicleta que vixiará a costa do municipio.
Sabarís quédase sen a Festa da Empanada.
Ante a negativa do Concello de Baiona a pechar a rúa Julian Valverde para a realización do evento a Asociación Castro e Ladeira decide cancelar a festa gastronómica. Así o fixo saber o colectivo nas redes tras entender que nesas circunstancias "non podemos garantir a comodidade nin a seguridade dos participantes a devandita festa". Aseguran que o Concello propuxo como "única solución" a utilización das beirarrúas ou as proximidades á praza Vitoria Cadaval. "Non nos parece apropiado celebrar unha festa gastronómica nas beirarrúas do noso pobo mentres circulan os coches, por motivos obvios", argumenta o colectivo. Ademais de que calquera descoido podería converterse nun accidente "cousa que queremos evitar custe o que custe", salientan.
Baiona non estaría cumprindo coa súa propia normativa de contaminación acústica
"Xordos por culpa dunhas tapias" Veciños de Sabarís quéixanse de que levan dous meses solicitando ao concello de Baiona o selado de varias tapias de alcantarilllas.
O paso dos vehículos sobre as tapias soltas, provocan molestias contínuas aos veciños da zona.
A Xunta comprométese en Baiona co acceso ao deporte das persoas con discapacidade
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato salientaron hoxe o compromiso do Goberno galego no acceso ao deporte das persoas con discapacidade
Fixérono no acto de clausura do Curso de Vela Adaptada 2013-14, que tivo lugar no Monte Real Club de Yates de Baiona. Rueda relatou que o Goberno galego está a renovar a Lei de accesibilidade que leva vixente máis de 15 anos, intentando dar solucións a problemas moi básicos do colectivo de persoas con discapacidade.
Lembrou ademais que cando se renovou a Lei do deporte, se incluíu un artigo específico para contemplar o fomento da actividade deportiva neste colectivo.
Máis en xeral, comentou que o Goberno galego está renovando a lei de accesibilidade, que leva vixente máis de 15 anos, intentando dar solucións a problemas moi básicos do colectivo de persoas con discapacidade.
Sucesos. Rescatan a unha muller que caeu ao río en Sabarís
Efectivos do GES de Val Miñor rescataron na noite do mércores a unha muller de 46 anos que caeu a un río cando paseaba por Sabarís.
A Xunta dá aprobación definitiva a un PXOM de Baiona marcado pola falla de consenso no local.
Coa sinatura esta mañá da orde de aprobación definitiva do PXOM por parte da Xunta de Galicia péchase máis dunha década de debates e desencontros urbanísticos en Baiona. O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona, nun acto celebrado na casa consistorial no que estivo acompañado polo alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, e pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL