Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

O BNG presenta alegacións para incrementar as partidas sociais dos orzamentos 2014 de #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Os nacionalistas reclaman 15.000 euros para manter as Becas de Formación e incluír nesta partida axudas á música tradicional. Solicitan 28.000 euros para axudas a familias e institucións sen ánimo de lucro. Manter os 2.000 euros de achega ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade internacional. Todos estes, xa existentes nos orzamentos do exercicio 2013. Finalmente o BNG entende necesario destinar os 15.200 euros previstos para a Festa da 3ª Idade para axudas a persoas en situación de emerxencia social.

Belesar prepara o seu entroido máis tradicional

Correo-e Imprimir PDF

Os veciños e veciñas de Belsesar levan xa toda a semán de entroido. Os tradicionais mecos decoran dende o comezo da semán algúns puntos da parroquia baionesa.

A cita da festa será este sábado ás 16h con saída dende o torreiro Belesar para dar o percorrido pola parroquia e regresar ao torreiro onde agarda unha grande chocolatada.

#Baiona celebrará o desfile do #Entrodio e o Enterro da Sardiña nesta xornada de mércores.

Correo-e Imprimir PDF

A predición dunha mellora nas condicións meteorolóxicas para a tarde deste mércores 5 de marzo aumentan o optimismo para que podan ter lugar as actividades do Entroido de Baiona. Segundo comunica o Concello, o desfile das 15 comparsas inscritas terá lugar a partir das 16 horas e posteriormente o Enterro da Sardiña ás 19 horas.

O Concello de #Baiona obriga colocar “prezos razoables” ás mercadorías durante a festa da #Arribada.

Correo-e Imprimir PDF

regulamento-arribadaOs tenderetes que ofrezan produtos á venta estarán obrigados a manter “prezos razoables e sen variación” durante toda a xornada da Festa da Arribada. Así consta no regulamento elaborado polo Concello de Baiona, co xeito de manter a “gran sona e creto” do que goza a mesma. Engade a normativa que cada posto deberá expor a listaxe de prezos e produtos nun lugar á vista do público.

Por outra banda, os vendedores de alimentos deberán estar en posesión “obrigatoriamente” do carné de manipulador de alimentos. Requisito que anuncian será estrita e rigorosamente controlado pola Garda Real do Mercado co auxilio da Policía Local.

Baiona candidata a conseguir un premio medioambiental na feira de turismo ITB de Berlín

Correo-e Imprimir PDF

baiona sen fumeA través do programa Quality Coast, Baiona foi nomeada aos premios VISTAS, nos que se valoran as prácticas ambientais innovadoras no campo da sostibilidade, levadas a cabo polos municipios e rexións costeiras participantes en diversos programas internacionais relacionados co medioambiente, como Quality Coast, EDEN, Ecotrans ou Vision, entre outros.

Atasco en Baiona tras quedar “varada” unha embarcación na Avenida Monterreal.

Correo-e Imprimir PDF

O remolque que transportaba o navío "KRAKEN" dende o porto deportivo de Baiona non soportou o peso e a embarcación que ficou "varada" no medio da concorrida Avenida Monterreal sobre as seis da tarde deste martes. Aparentemente a rotura dos eixes do remolque foi a causa do accidente que provocou un atasco do tráfico que debeu esperar á chegada da Garda Civil para solucionarllo.

Ecoloxistas sinalan ás estruturas do camping como responsables das desfeitas no paseo marítimo da Foz.

Correo-e Imprimir PDF

ladeira 2A Asociación Ecoloxista A Groba sinala as infraestruturas do camping da Ladeira como as responsables das últimas desfeitas no paseo marítimo da Foz do Miñor. Representantes da Asociación ecoloxista A Groba comprobaron esta pasada fin de semana o "lamentable estado" que revisten varios pasaxes tras las choivas e o forte temporal que azoutou a costa. "A consecuencia está clara, Á Foz quere recuperar o seu espazo e arremete contra a barreira que representan os diques e muros do camping", sinalan desde o colectivo.
Voceiros da asociación sinalan que durante as pasadas tormentas de xaneiro xuntáronse intensas choivas cun forte temporal. No momento da marea alta as augas que chegan á Foz, dende os diferentes ríos que a formaron, provocaron un aumento do nivel das augas e fortes correntes. Polo cal durante estes días se pode apreciar que o paseo de madeira está totalmente destruído pola enchente. "Queremos recordar que o paseo foi realizado con fondos públicos, e que discorre invadindo o espazo de Á Foz por culpa da invasión que supón a presenza do cámping neste espazo" aclaran.

Baiona abre inscricións para comparsas cara ao Entroido 2014.

Correo-e Imprimir PDF

paseo-baiona-O desfile do Entroido 2014 terá lugar o martes 4 de marzo a partir das 17 horas.
-O tradicional Enterro da Sardiña será o mércores 5 de marzo a partir das 19 horas.

Aberta ao tráfico a PO-552 logo de permanecer pechada pola travesa dun garda raíl arrincado polo mar

Correo-e Imprimir PDF

O gardarail que foi arrastrado polo mar.O tráfico na estrada PO-552 en Baiona, a carretera da costa, foi reaberto despois do peche que sufriu á altura do Rompeolas, por mor dunha onda que arrastrou un gardarail, segundo ratificou o Ministro Rexional do Ambiente, Terra e Infraestruturas Agustín Hernández.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL