Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona candidata a conseguir un premio medioambiental na feira de turismo ITB de Berlín

Baiona candidata a conseguir un premio medioambiental na feira de turismo ITB de Berlín

Correo-e Imprimir PDF
baiona sen fume

A través do programa Quality Coast, Baiona foi nomeada aos premios VISTAS, nos que se valoran as prácticas ambientais innovadoras no campo da sostibilidade, levadas a cabo polos municipios e rexións costeiras participantes en diversos programas internacionais relacionados co medioambiente, como Quality Coast, EDEN, Ecotrans ou Vision, entre outros.

Os gañadores destes premios coñeceranse o próximo 6 de marzo na Feira Internacional de Turismo "ITB" que se celebrará en Berlín (Alemaña). No caso de Baiona a práctica ambiental nominada é o proxecto "Praias sen Fume", considerada unha das iniciativas máis innovadoras levadas a cabo por un destino turístico. Este proxecto púxose en marcha en verán de 2012 nas praias da Ribeira e Os Frades, estendéndoa tamén a Barbeira o pasado verán, para potenciar as prácticas saudables entre os cidadáns, ampliar os espazos libres de fume, ademais de mellorar a limpeza e coidado ambiental dos areais.

O éxito da campaña "Praias sen fume", que contou cunha grande acollida entre veciños e turistas, é maior se temos en conta que se levou a cabo sen sancións de ningún tipo, baseándose exclusivamente na educación ambiental dos usuarios e habilitando espazos para fumadores nas inmediacións das praias. Baiona foi galardoada co premio Quality Coast Award na categoría Ouro o pasado ano, premio que ostentará ata o 2015 cando volverá ser avaliado polo xurado internacional do programa.

Quality Coast premia aos destinos e rexións costeiras que poñen en marcha proxectos e iniciativas relacionadas co turismo sostible, pero á vez valoran categorías tan diversas, como a seguridade, a hospitalidade da poboación, o medioambiente, a cultura ou o turismo.