Un coche volca na avenida interior de Sabarís ao sairse da estrada.
Un coche volca na avenida interior de Sabarís ao sairse da estrada.
Membros do equipo de extinción de incendios de Medio Rural están a facer vixilancia nesta noite do martes 13 de agosto nos montes de Baíña trala aparición de dous focos de lume detrás do barrio de Fontes, no lugar coñecido como As Bouciñas. O sinistro tivo lugar sobre as 20:30 horas, e membros da Comunidade de Montes de Baíña foron os primeiros e concorrer ao lugar para as primeiras actuacións.
O grupo nacionalista entende que o enclave aséntase en territorios da Comunidade de Montes de Baredo, os que foran "roubados" durante a ditadura de Franco a través dunha ocupación militar de feito.
-O PSOE responsabiliza á concelleira dunha deficiente xestión que fixo perder ao Concello máis de 150.000€ por mor de xuízos perdidos e indemnizacións a tres arquitectos municipais que levan alternando nas súas funcións dende o ano 2011.
-A todo isto, os socialistas denuncian que a concellaría acumula un gran número de expedientes de licencias sen tramitar e “sufrindo retrasos inxustificados pola decisión unilateral da concelleira delegada”.
-A dimisión de Simóns será solicitada a través dunha moción de urxencia que a portavoz Isabel Domínguez Quintas (PSOE), presentará na mañá deste mércores 24 de xullo no próximo pleno.
Unha mancha obrigou á proibición do baño na prai máis azotada pola contaminación en Baiona.
Contra ás 19 da tarde, Protección Civil e socorristas deron o aviso e izaron a bandeira amarela de prohibición ao baño ante unha mancha de gasoleo de considerables dimensións que ocupou a zona central de baño da cara oeste da pensinsula da Ladeira.
O monumento en pedra de 3 toneladas e tres metros de altura colocarase na praza da Percibilleira.
O artista baionés, Manuel Quintas "O ferreiro" é o autor desta réplica que cederá ao concello e será exposta ao público o próximo 1 de setembro.
Esquerda Unida denuncia os cheiros provenientes dos colectores de lixo próximos aos mercados de Sabarís e Baiona. A agrupación entende que a falla de colectores específicos para o vertido de residuos orgánicos é a causa do problema, pois os feirantes deben colocar o lixo nos colectores normais.
Máis de 400 persoas, acudiron á "Primeira Travesía en defensa do mar e da terra", que se celebrou o pasado sábado polas aguas da Ría de Baiona e Vigo, organizada pola formación política ANOVA-Baiona.
Vázquez Almuíña solicitou a baixa do Concello do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “para aforrar 2000 € anuais”, denuncian os nacionalistas. Nembargante, días atrás gastou 16.000€ “nun xantar con xubilados que non ten máis fin que o de fidelizar o voto”, protesta o voceiro do BNG, Xosé Manoel Marcote.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL