Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor

A resaca da Festa da Arribada de Baiona. O problema do botellón

Correo-e Imprimir PDF

Sergio Piñeiro

A noite do sábado en Baiona rematou co destrozo dalgúns dos postos de venda do mercadiño medieval. Veciños de Baiona denunciaban hoxe a falta de control policial para disuadir aos "vándalos" que fixeron a súa particular festa da Arribada. Pola contra denunciaban a excesiva rigurosidade que existiu para o obrigado cumprimento dos horarios dos comerciantes. Por outra banda, alguns lectores opinaban nas redes que o problema do botellón está desvirtuando por completo o propio caracter festivo co que foi concebida inicialmente a festa, e que cada ano a cousa vai a peor.

Que opinas?

Os afectados polas preferentes irrompen no acto institucional da Festa da Arribada en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Plataforma Afectados polas preferentes durante a protesta en Baiona

Separados por un valado metálico, celebráronse dous actos paralelos no inicio da festa da Arribada, o pasado sábado en Baiona. Por un lado, o oficial coa participación de autoridades municipais, provincias e autonómicas que como tódolos anos, daban inicio ás actividades festivas. Doutro lado do valado, decenas de cidadáns coas xa tamén tradicionais camisas laranxas berraban pola recuperación dos seus cartos, atrapados nas estafas das preferentes e subordinadas.

As obras no Pavillón Municipal de Baiona estarían rematadas en dous meses.

Correo-e Imprimir PDF

 

José Ramón Lete, Secretario Xeral de Deportes da Xunta adiantou que espérase que o Pavillón de Deportes de Baiona estea operativo no vindeiro mes de maio. Así o declarou durante a visita ás instalacións deportivas, logo de afirmar que os atrancos sufridos trala entrada en concurso de acredores da empresa que levaba adiante a obra, fora superado por unha rápida cesión de contrato a unha nova concesionaria.

O BNG inicia contacto cos colectivos de Baiona para estudar alternativas á actual redacción do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

urabana-baiona-O BNG de Baiona fai fincapé na importancia das comunidades de montes na estratexia urbanística do municipio.

-Os nacionalistas rexeitan un modelo baseado na especulación urbanística.

Esquerda Unida publica o documento completo do PXOM de Baiona no seu blog.

Correo-e Imprimir PDF

 

A agrupación de Esquerda Unida de Baiona anuncia que “ante a tardanza da publicación completa do PXOM” por parte do Concello decidiu publicalo no seu blog, para que “toda a veciñanza poda ter acceso á documentación de referencia”. O documento pódese descargar en formato pdf no seguinte enlace: preme aquí.

O entroido de Belesar en imaxes

Correo-e Imprimir PDF

Entroido Belesar 2013Achegamos a publicación das 170 imaxes do entroido de Belesar celebrado o pasado sábado na parroquia baiones. As imaxes corren a cargo do estudio fotográfico colaborador 1punto1 Fotografía que levn os fotógrafos Juan C. Soto e Elia Fuentes, e que están situados en Tomiño.

A publicación do album rompeu onte todas as estatísticas de valminor.info en difusión de contidos chegando a máis de 200 visitas en tan só 5 minutos de publicación.

Belesar prepara a segunda volta do seu carnaval máis tradicional

Correo-e Imprimir PDF

Organizadores do entroido de Belesar 2013 - Imaxe: Belesar ProtestaOs veciños e veciñas de Belsesar levan xa toda a semán de carnavais. Os tradicionais mecos decoran dende o comezo da semán algúns puntos da parroquia baionesa.

A cita da festa será este sábado ás 16h con saída dende o cemiterio de Belesar.

O Casino de Sabarís elixie nova directiva

Correo-e Imprimir PDF

Marcial Fariñas Costas foi electo presidente do CRDC Casino de Sabarís na asemblea extraordinaria celebrada pola entidade o pasado domingo 27 de xaneiro. O acompañarán na directiva Manuel Rodríguez, Pedro García, Paula Barbará e Antón González-Artime.

Comerciantes do mercado de Sabarís esixen a retirada dos "tropezóns" instalados en Julián Valverde.

Correo-e Imprimir PDF

tropezons-sabarisA Asociación Galega de Ambulantes e Autónomos presentou formalmente unha queixa ante o Concello de Baiona pola nova arquitectura que presentará a remodelada Rúa Julián Valverde en Sabarís. Nomeadamente, o colectivo que agrupa boa parte dos comerciantes do histórico mercado sinalan o perigo e molestias que para os viandantes e traballadores representan uns "tropezóns" colocados nas beirarrúas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL