Luns, 3 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona O BNG inicia contacto cos colectivos de Baiona para estudar alternativas á actual redacción do PXOM.

O BNG inicia contacto cos colectivos de Baiona para estudar alternativas á actual redacción do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF
urabana-baiona

-O BNG de Baiona fai fincapé na importancia das comunidades de montes na estratexia urbanística do municipio.

-Os nacionalistas rexeitan un modelo baseado na especulación urbanística.

O BNG de Baiona prepara unha rolda de contactos con diversos colectivos do municipio ca fin de intercambiar impresións cara a posibles alegación co respecto á actual redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), actualmente en exposición pública. A primeira fase de contactos producirase coas comunidades de montes "principais propietarias de terreos no concello e fonte de riqueza natural e económica", do mesmo, adiantan os nacionalistas.

O Bloque baionés –que foi o primeiro en publicar na súa web a documentación do PXOM- sostén que o modelo urbanístico do concello "non pode recorrer ao turismo e á especulación inmobiliaria como principais fontes de riqueza, xa que estaría condenando aos baioneses e baionesas a ter que abandonar o seu concello por falta de traballo e vivenda".

Por iso plantexan dar prioridade aos colectivos como os dos comuneiros, que entenden, ofrecen outra alternativa "si contan co apoio e impulso necesario".