José Ramón Lete, Secretario Xeral de Deportes da Xunta adiantou que espérase que o Pavillón de Deportes de Baiona estea operativo no vindeiro mes de maio. Así o declarou durante a visita ás instalacións deportivas, logo de afirmar que os atrancos sufridos trala entrada en concurso de acredores da empresa que levaba adiante a obra, fora superado por unha rápida cesión de contrato a unha nova concesionaria.
Un representante da nova empresa salientou que o Pavillón necesita unha serie de traballos de pintura, pavimentos e acabados en xeral, os que deberán ser rematados nun prazo de dous meses.
Pola súa banda, o alcalde Jesús Vázquez Alumuíña, manifestou a súa conformidade co retorno ás obras e tamén polo feito de xa ter solucionado o vello problema das pingueiras que chegaban tódolos anos nas estacións de choivas, polo mal estado dos teitos, agora solucionado.
Para estas obras, a Xunta fixo un investimento próximo aos 800 mil euros que permitirán, ademais de mellorar as infraestruturas básicas e dotar dunha nova faciana ao centro deportivo, aumentará en 500 m2 a superficie das instalacións.
Cobertura Grupo Viar RTV
Dim lights Embed Embed this video on your site