Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona abre inscricións para comparsas cara ao Entroido 2014.

Baiona abre inscricións para comparsas cara ao Entroido 2014.

Correo-e Imprimir PDF
paseo-baiona

-O desfile do Entroido 2014 terá lugar o martes 4 de marzo a partir das 17 horas.
-O tradicional Enterro da Sardiña será o mércores 5 de marzo a partir das 19 horas.

Inscricións para o concurso de comparsas do Entroido 2014
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona está a organizar o tradicional Concurso de Comparsas con motivo do Entroido para o vindeiro martes 4 de marzo de 2014.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no Concurso comeza o luns 27 de xaneiro e remata o luns 17 de febreiro de 2014. As bases están dispoñibles na oficina de Rexistro do Concello de Baiona en horario de 9 a 14 h, e na Concellería de Cultura (2º planta do concello).
Establécense tres premios, de 900, 650 e 500 € respectivamente, e unha axuda de participación para as comparsas que superen os 12 compoñentes. Os interesados poden informarse na Concellería de Cultura, teléfono 986385925.
Percorrido do desfile do Entroido 2014.
Segundo o adiantado dende o Concello de Baiona, o desfile de comparsas terá lugar o martes 4 de marzo a partir das 17 horas. Sairá dende a Praia de Santa Marta e percorrerá as rúas Monterreal, Elduayen e o Paseo Ribeira. Rematado o mesmo e tras a deliberación do xurado, entregaranse os premios ás comparsas gañadoras.
Enterro da Sardiña
Terá lugar o mércores 5 de xaneiro a partir das 19 horas na praza do Concello. Dende alí a comitiva acompañará o "cadaleito" ata a Praia Ribeira acompañado dunha charanga popula