Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Ronáutica ampliará en 4.000 metros el relleno de su marina en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia
Ronáutica comezará dentro duns días as obras para completar o recheo do segundo porto deportivo de Baiona, segundo confirmou o presidente da empresa, Rolando Andrade. A concesionaria gañará ao mar un área aproximada de 4.000 metros cadrados para dar por concluída a construción da plataforma terrestre da dársena recreativa.

O porto contará así cos preto de 12.000 metros cadrados de superficie en terra contemplados no proxecto inicial que foi aprobado por Portos de Galicia.

Seminarios de sensibilización das novas tecnoloxías para mulleres

Correo-e Imprimir PDF

O centro de información á muller abre o prazo de inscrición para participar nos seminarios de sensibilización en novas tecnoloxías . Comezarán o vindeiro 12 de febreiro . O primeiro “Iniciación a Windows e Internet “ está destinado a mulleres de Baiona que non posúan coñecementos de informática . Desenvolverase os luns e mércores en horario de 9:00 a 11:00 e o seminario “Microsoft Excel e Microsft Word” terá unha duración de 20 h e desenvolverase os luns e mércores de 11:30 a 13:30 ., e está dirixido a mulleres que teñan coñecementos básicos de informática.

A Concellería de Igualdade de Baiona informa sobre os requisitos para unha sepa

Correo-e Imprimir PDF
A web do Concello de Baiona, é sen dúbida, a máis activa de todos os concellos da Comarca.
A concellería de igualdade ben de publicar na web os "Requisitos a seguir en caso de solicitude de separación edivorcio".
achegamos aquí copia da información no ano Europeo da Igualdade  de Oportunidades para todas as persoas.

Aberto o prazo de solicitude de postos para a Festa da Arribada de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Cultura de Baiona acaba de facer público o Regulamento do Real Mercado Medieval que se vai celebrar os días 3 e 4 de marzo do vindeiro ano co gallo do 514 cabodano da Arribada da carabela Pinta á Vila.

O novo Regulamento inclúe varias novidades que segundo o titular de Cultura, Alfonso Mandado, pretenden potenciar o rigor histórico que caracteriza a esta festa. Entre eles cabe destacar a obriga de un depósito previo de 50€ por parte dos titulares dos postos, en concepto de aval-fianza.

As SS.MM. os Reis Magos pasarán hoxe por Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Tradicional carta que se envía a los Reyes MagosA Concellería de Cultura de Baiona ten todo preparado para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Baiona subidos nas súas magníficas carrozas perfectamente iluminadas e ambientadas.

O percorrido da Cabalgata é o seguinte: Avenida Monterreal, Alférez Barreiro, paseo Elduayen, Ramón e Cajal, Avda. Joselín, Tomás Mirambel, Glorieta República Arxentina, Palos de la Frontera, Glorieta de Colón e Carabela Pinta, rematando na Praza do Concello, onde as súas Maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas que o desexen.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL