Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Seminarios de sensibilización das novas tecnoloxías para mulleres

Seminarios de sensibilización das novas tecnoloxías para mulleres

Correo-e Imprimir PDF

O centro de información á muller abre o prazo de inscrición para participar nos seminarios de sensibilización en novas tecnoloxías . Comezarán o vindeiro 12 de febreiro . O primeiro “Iniciación a Windows e Internet “ está destinado a mulleres de Baiona que non posúan coñecementos de informática . Desenvolverase os luns e mércores en horario de 9:00 a 11:00 e o seminario “Microsoft Excel e Microsft Word” terá unha duración de 20 h e desenvolverase os luns e mércores de 11:30 a 13:30 ., e está dirixido a mulleres que teñan coñecementos básicos de informática.

As persoas interesadas en participar nesta acción formativa, deben inscribirse no centro de información á muller e entregar xunto coa solicitude fotocopia do carné de identidade . Para mais información poden chamar o teléfono 986 357554.