Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Concellería de Igualdade de Baiona informa sobre os requisitos para unha sepa

A Concellería de Igualdade de Baiona informa sobre os requisitos para unha sepa

Correo-e Imprimir PDF
A web do Concello de Baiona, é sen dúbida, a máis activa de todos os concellos da Comarca.
A concellería de igualdade ben de publicar na web os "Requisitos a seguir en caso de solicitude de separación edivorcio".
achegamos aquí copia da información no ano Europeo da Igualdade  de Oportunidades para todas as persoas.

Requisitos a seguir en caso de separación e divorcio

    Requisitos
  • Quen desexe pór fin ao seu matrimonio pode presentar Demanda de separación ou divorcio ante o Xulgado que lle corresponda.
  • O único requisito para solicitar a separación ou divorcio será que transcorran Tres meses dende a celebración do Matrimonio. Se houbo Malos tratos non será necesario ese prazo de 3 meses.

    Qué trámites tes que seguir
  • Haberá que acudir a una avogado/a, xa que este é necesario sempre, do mesmo xeito que un procurador.
  • Podes solicitar unha/un avogada/o e procurador/a de oficio, que che serán concedidos sempre que non superes o límite de ingresos que fixa a Lei. A/o avogada/o de oficio solicítase no Colexio de Avogados do Xulgado que vaia levar a separación ou o divorcio.

 

A separación ou o divorcio poden ser de mutuo acordo ou contencioso (cando non hai acordo).

 

 

    En calquera dos dous casos a sentenza recollerá unha serie de medidas sobre:
  • Garda e custodia dos fillos/as, patria potestade e dereito de visitas.
  • Pensión de alimentos a favor dos fillos e fillas menores de idade ou maiores

 

    Pero dependentes aínda dos pais, e a contribución ás cargas familiares (como poden ser o pago de créditos, e calquera tipo de gastos derivado da familia).
  • Uso do domicilio familiar.
  • Pensión compensatoria se a separación ou o divorcio supoñen un desequilibrio económico entre os dous membros do matrimonio.

 

Se non hai acordo entre o marido e a muller, celebrarase un xuízo e o xuíz decidirá sobre cada unha destas cuestións.

Se se tramíta de MUTUO ACORDO, asinarase un Convenio Regulador, que redacta a/o avogada/o segundo o que marido e muller acorden. Ese convenio ratificarase despois ante o Xulgado e unha vez ratificado o xuíz dicta sentenza aprobándoo. Normalmente, o único límite é que os acordos que se asinen nese convenio non supoñan un prexuízo para os fillos menores segundo o xuíz ou o fiscal.

Mentras non se dicta sentenza ¿qué facer coa casa, os menores?

Antes da demanda ou ao mesmo tempo que esta, podes solicitar Medidas Provisionais para que o Xulgado fixe quen se vai a quedar na vivenda, como se vai a facer fronte aos gastos familiares, a custodia dos fillos e fillas e o seu réxime de visitas, así como a pensión de alimentos.

Estas medidas serán provisionais e durarán ata que se dicte sentenza definitiva de separación ou divorcio, que manterá esas medidas ou as modificará, segundo os casos.

¿Pódese modificar unha sentenza de separación ou divorcio?

:Cando varíen de forma importante as circunstancias que se tiveron en conta na primeira sentenza (os fillos teñen máis gastos, a túa situación económica ou a do pai cambiou, etc) , pero terás que iniciar un novo proceso xudicial, que poderá ser tamén de mutuo acordo ou contencioso.

No caso de relación non matrimoniial cando se queira pór fin, poderá tamén acudirse ao Xulgado para determinar unha serie de medidas derivadas do fin da relación: se existen fillos determinarase igualmente a garda e custodia, dereito de visitas, pensión de alimentos, etc., e tamén pode haber unha serie de consecuencias patrimoniais (bens comúns da parella, dereito de uso da vivenda compartida, etc.) que poderán regularse xudicialmente.

 

    Se hai malos tratos
  • Cando es vítima de violencia por parte da túa parella, non tes que esperar 3 meses para pedir a separación ou o divorcio, senón que podes solicitalo de inmediato.
  • Se presentas DENUNCIA POR MALOS TRATOS e solicitas unha ORDE DE AFASTAMENTO, comparecerás ante o xuíz para que este decida, e pode establecer xa medidas sobre o uso da casa, a custodia dos fillos e o réxime de visitas, e a pensión de alimentos.
  • Estas medidas teñen unha duración de 30 días. Nese plazo máximo haberás de solicitar a separación ou o divorcio para que esas medidas se confirmen por 30 días máis, transcurridos os cales o xuíz decidirá se se modifican ou non. Se non solicitas a separación ou o divorcio nese prazo máximo de 30 días, as medidas civís acordadas coa orde de afastamento quedarán sen efecto.