Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona intensifica a súa promoción no norte de España

Correo-e Imprimir PDF
A concellalía de Turismo de Baiona intensifica a  promoción de Baiona coa intención de reforzar a imaxe no exterior. Durante este ano, ademais de acudir con á Bolsa de Turismo de Lisboa, e á presentación da Festa da Arribada en Fitur, en máis dun cento de axencias de viaxes de Castela a Mancha, Navarra, Asturias, Cantabria e País Vasco, distribuírase material promocional de Baiona. 
Segundo asegura o concello, varias destas axencias descoñecían os recursos turísticos da Vila, pero mostraron moito interese en informar ós seus clientes das posibles opcións para visitala. Esta promoción se verá reforzada nesta zona coa participación de “Turismo de Baiona”, na vindeira feira de Expovacaciones, que se celebrará en Bilbao entre os días 10 ó 13 de maio, durante a que se proporcionará a tódolos asistentes, os diferentes folletos nos que se mostran os atractivos turísticos e paisaxísticos da localidade, así como as guías de servizos, planos rueiros e toda a información que os empresarios faciliten dos seus establecementos.

O PSOE protesta pola xestión das subvencións tras as riadas

Correo-e Imprimir PDF
O sistema de saneamento de Sabarís deixa outra vez en entredito a solución do problema.
Ás 7:00 unha forte tromba de auga levantou as tapas de alcantarillado na rúa Julián Valverde anegando a zona do cruce coa Rua Jose Pereira Troncoso.

Fonte - A Voz de Galicia
Os afectados polas riadas de Sabarís do pasado mes de outubro foron recibindo estes días unha carta da consellería de Vivenda na que se lles insta a presentar as facturas orixinais dos bens danados para poder así cobrar a subvención.

Avelaíña reclama máis medios para os enfermos mentais do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
A asociación Avelaíña, de axuda ás persoas con problemas de saúde mental, solicitou aos responsables dos Concellos do Val Miñor unha maior implicación para solucionar a falta de servizo para as persoas afectadas por enfermidades mentais da zona.

Segundo comentan desde a asociación, desde fai anos varias persoas da zona acoden ao centro Avelaíña, na Guarda, para o que teñen que superar o acceso a servizos específicos.

Declarado deserto o segundo concurso de vivendas de protección de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia
A mesa de contratación declarou deserto o concurso público para adxudicar a construción dun edificio de vivendas de protección autonómica no PERI 3 de Sabarís. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que ningunha das dúas empresas que optaran á adxudicación reunía os requisitos.

 O Concello abriu un novo concurso negociado e procederá á adxudicación nun prazo de 30 días.

Festa da Arribada - Baiona 2007

Correo-e Imprimir PDF
Festa da Arribada BaionaA Festa da Arribada contará este ano con catro exposicións inspiradas no medievo e relacionadas coa temática columbina. Na sala de exposicións da Capitanía Marítima está previsto inaugurar o día primeiro de marzo a mostra Afromerica, o seu contido reflectirá a mestizaxe das culturas de África e América, manifestado nunha interesantísima compilación de obxectos artísticos de gran valor, traballados a partir do Descubrimento. No Concello se inaugurarán o mesmo día outras tres exposicións. As dúas primeiras referentes á cultura dos indios tainos descubertos por Colón, mostrarán o Proceso de elaboración do pan cazabe, a partir da iuca ou mandioca, principal alimento dos indios, e Ritual funerario dos caciques, baseado nas crenzas de ultratumba dos indios, que implicaban unha vida no mais aló moi semellante á terreal e que as inducía ó embalsamamento e a introducir na tumba, durante as exequias, roupaxes funerarios compostos por todo aquelo que lle puidera ser de utilidade trala morte, como xoias, alimentos, armas,etc.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL