Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Un dispositivo con cámaras regulará o acceso de residentes, comerciantes e hos

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia- Un sistema de control de acceso do tráfico rodado regulará a zona vella de Baiona antes de fin de mes. «Queremos que sexa unha zona habitable, mellorar a calidade de vida tanto dos veciños residentes como do sector da restauración e o comercio», manifestaba onte o rexedor local, Jesús Vázquez Almuíña.

Para iso puxéronse en marcha dúas medidas encamiñadas a aliviar o tránsito e a mellorar a hixiene da zona monumental, retirando os colectores das rúas antigas.

O alcalde promete aumentar o apoio para a promoción do Igadi

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, comprometeuse a buscar unha solución para resolver os problemas de infraestrutura do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi). O rexedor, que visitou en varias ocasións as instalacións desta entidade, comparte a preocupación polas crecentes dificultades loxísticas do centro, único no seu xénero en Galicia, e comprende a importancia do papel que desempeña para proxectar a Baiona a nivel internacional. 

O consello asesor do IGADI reúnese este sábado en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Este sábado reúnese na Casa de Cultura de Baiona, o Consello Asesor do IGADI, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, que dirixe Xulio Ríos. No Consello Asesor participan recoñecidas personalidades da vida académica, social e cultural galega, comprometidas cunha concepción universalista de Galicia e do mundo.

Pérez Touriño sinala que a Xunta acometerá obras de emerxencia en diferentes

Correo-e Imprimir PDF
 O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou esta mañá que o Goberno galego vén de aprobar, na xuntanza do Consello da Xunta, a declaración de emerxencia de obras en Cee, Vilagarcía de Arousa e Baiona que teñen como obxecto, todas elas, previr futuras enchentes nestes municipios. Estas obras suporán un investimento, por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de 6,6 millóns de euros Unha vez rematadas as obras, que se executarán no verán, e que teñen como finalidade –segundo Touriño- “aumentar a capacidade dos leitos dos ríos, o saneamento e o acondicionamento das súas marxes”, acometeranse outras obras máis estruturais.

 

División no BNG baionés sobre un posible pacto con Manuel Vilar

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- A Voz de Galicia. A creación dun goberno tripartito en Baiona entre PSOE, BNG e CMÑ non será tan fácil como parece e o líder do PP, Jesús Vázquez Almuiña, non perdeu aínda a esperanza de conservar a alcaldía. A razón é que nas filas do BNG hai división sobre a conveniencia de volver pactar co independente Manuel Vilar, que xa rompeu un goberno progresista no anterior mandato. Un sector da militancia nacionalista non acaba de fiarse do representante de Coalición Miñorana e valoran a posibilidade de ir alcanzando pactos puntuais co PP ao longo do mandato.

O rumbo que tomará o BNG decidirano nunha asemblea que hai convocada para esta noite na sede da agrupación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL