Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O BNG solicita a restitución dos aparcamentos nos Tendais

Correo-e Imprimir PDF
Logo da inauguración do aparcamento en concesión dos Tendais, elimináronse múltiples prazas ao seu redor. O BNG esixe a súa restitución. Reproducimos aquí a moción presentada no Concello, para a súa aprobación no Pleno do vindeiro Xoves 5 de Xullo.

O BNG apoiou no seu día a proposta do equipo de goberno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Aral, entendendo que era una moi boa fórmula para conseguir un número importante de prazas de aparcamento no Centro de Baiona, 500 apróx., é tendo en conta tamén que o uso da superficie quedara como uso deportivo, contando deste xeito con un campo de fútbol de céspede artificial e acondicionando toda a súa superficie.

O BNG propón poñer en marcha o proxecto BAIWireless

Correo-e Imprimir PDF
O BNG está en condicións de poñer en marcha o proxecto BAIwireless, para garantir que todos os veciños e veciñas de Baiona dispoñan das ferramentas e dos coñecementos necesarios para acceder as vantaxes que supoñen as novas tecnoloxías.

Consciente do enorme potencial da Sociedade da Información e do Coñecemento representa para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, o BNG de Baiona aposta decididamente por implicarse neste cometido, potenciando o coñecemento das novas tecnoloxías, creando unha rede sen fíos que de cobertura a todo o Concello, abrindo a administración a traveso da rede, creando o "portelo único" municipal que axilice a relación cidadán/administración, facilitando o acceso das empresas as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías.

A 1ª Ruta Marítima do Camiño de Santiago, fará a súa escala en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A 1ª Ruta Marítima do Camiño de Santiago, fará a súa escala en Baiona, o día 23 de xullo. A Asociación Intercéltica, en colaboración coa Rexión de Turismo do Alto Miño e a Asociación Galega de Actividades Náuticas, vai levar a cabo o 1º Raid « Ruta Marítima do Camiño de Santiago », entre os vindeiros días 18 ó 25 de xullo. Tratase dun itinerario único de peregrinación, que pretende, en oito días, unir Montelmor-o-Velho a Santiago de Compostela. Con un total de 334 quilómetros, esta Ruta Marítima, pretende recuperar unha tradición, constatada con varios testemuños históricos que fan alusión a peregrinacións marítimas a Santiago de Compostela, xa dende o Imperio Roman e que se viron intensificadas a partires da Idade Media.

A música, o deporte e a pintura centran a programación de verán en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Fonte- A Voz de Galicia . O goberno local baionés aposta por completar a súa oferta lúdica tanto para veciños como turistas máis aló das súas praias e a súa gastronomía.  Por iso deseñou un variado programa de actividades para a época estival que comprenden «propostas para todas as idades, gustos e públicos», segundo explicou o rexedor, Jesús Vázquez Aluiña, que onte presentou o programa acompañado de María Luísa Iglesias e María Jesús Martíns, responsables de Cultura e Deportes, respectivamente.

A ampliación do río Groba comeza con queixas veciñais

Correo-e Imprimir PDF
FotoFonte - Faro de Vigo. As obras de proxecto que incrementará a dez metros de ancho a canle do río Groba para evitar crecidas en Sabarís inícianse con malestar veciñal de fondo. Varios propietarios de terreos afectados manifestan o seu total desacordo coa invasión de leiras, polo que a plataforma de damnificados polas riadas e o BNG baionés esixen ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, que convoque unha reunión da comisión de seguimento.
Ambos os colectivos aseguran que fai máis dun mes que o rexedor non convoca estes encontros, que chegaron a ter unha periodicidade semanal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL