Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG propón poñer en marcha o proxecto BAIWireless

O BNG propón poñer en marcha o proxecto BAIWireless

Correo-e Imprimir PDF
O BNG está en condicións de poñer en marcha o proxecto BAIwireless, para garantir que todos os veciños e veciñas de Baiona dispoñan das ferramentas e dos coñecementos necesarios para acceder as vantaxes que supoñen as novas tecnoloxías.

Consciente do enorme potencial da Sociedade da Información e do Coñecemento representa para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, o BNG de Baiona aposta decididamente por implicarse neste cometido, potenciando o coñecemento das novas tecnoloxías, creando unha rede sen fíos que de cobertura a todo o Concello, abrindo a administración a traveso da rede, creando o "portelo único" municipal que axilice a relación cidadán/administración, facilitando o acceso das empresas as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías. O Proxecto BAIWireless contempla levar adiante as seguintes actuacións:


Creación dunha rede municipal sen fíos.
Garantir o acceso ás telecomunicacións en todas as parroquias de Baiona.
Promover entre as empresas locais o uso das novas tecnoloxías.
Formación permanente dos veciños.
Impulso do Comercio Electrónico.
Creación dun directorio de comercios e empresas locais.
Promover que todas as empresas e comercios de Baiona dispoñan dunha páxina web.
Concienciar os veciños de Baiona da importancia que suporá a implantación das TIC.
Potenciación da web do Concello de Baiona.
Garantir a información universal e de servizos para todos os veciños.
Creación do Portelo Único Municipal.

Partindo destas premisas, a progresión do desenvolvemento deste Proxecto contemplará:


A normalización e posta en marcha de plans para dotar os veciños de Baiona de aparellos informáticos actualizados (Plan Avanza, Xunta de Galicia, concertos con entidades de creto, etc.)
A realización do conxunto de accións tendentes a popularizar e dar a coñecer as posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e do Coñecemento (TIC).
A formación por parte do Concello en colaboración coa Consellería de Industria e Innovación da figura do Dinamizador Informático para dinamizar e asesorar a toda a poboación, de maneira permanente, xa sexa por sectores de idade, económicos, educativos, sociais, por colectivos con dificultades para acceder, etc.
A creación da rede local/comunidade virtual, mediante accións encamiñadas a conquerir que os veciños e veciñas participen nesta rede e a sintan como propia, participando nos servizos do portelo único municipal ou na dotación e uso do correo electrónico.

O BNG de Baiona considera que para poder levar adiante proxecto, é necesario e fundamental que todos os sectores sociais, políticos e empresarias da vila se impliquen de maneira directa no mesmo. Coa colaboración das asociacións e xunto co Concello, poderase levar a cabo este Plano por medio das accións que se propoñen, e desta maneira posibilitar que o conxunto da poboación poida beneficiarse das vantaxes que terá, para todos, esta nova Sociedade da Información e do Coñecemento.