Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Os nenos de Sabarís superaron a riada pintando o que viron

Correo-e Imprimir PDF
A Voz de Galicia - M. MoralejoFonte - A Voz de Galicia
O colexio do barrio de Baiona máis afectado polas inundacións puxo en marcha unha iniciativa terapéutica para impedir que o desastre xerase traumas aos seus alumnos

A Xunta recuperará a canle natural do Groba para acabar coas riadas

Correo-e Imprimir PDF
FotoFonte- Faro de Vigo
A solución definitiva ás constantes inundacións en Sabarís require a recuperación da canle natural do río Groba, desviado cando se construíu a estrada litoral. Así o cre o prestixioso enxeñeiro Gonzalo Picola, experto en pontes e construcións hidráulicas, que ultima un proxecto encargado pola Consellería de Política Territorial, que o executará antes de que finalice o ano cun investimento de 408.000 euros

A delegada provincial deste departamento da Xunta, Isabel Domínguez, informa de que o experto entregará o traballo o próximo día 20 á Xunta, que contratará as obras con carácter de urxencia co fin de que o asunto quede resolto a principios de 2007.

Inauguración da Escultura A memoria do río do artista Fernando Casás

Correo-e Imprimir PDF
O domingo día 12 de novembro de 2006 ás 13.00h. na pasarela peonil da Avda. de Bos Aires (fronte á Illa de Esculturas do Lérez) en Pontevedra e coa presenza do alcalde desta cidade Miguel Anxo Fernández Lores será inaugurado un conxunto escultórico do artista miñorán Fernando Casás.

Erguido en memoria das vítimas do franquismo e de tódolos mortos pola liberdade, inaugúrase o conxunto escultórico Memoria do Río. Formado por catro árbores tronzadas, fundidas en bronce, e outras tantas árbores naturais, é unha homenaxe ás voces caladas pola represión.

Comerciantes afectados polas riadas esixen axilidade ao consorcio de seguros

Correo-e Imprimir PDF
Fonte Faro de Vigo
Denuncian o atraso da valoración de danos, que se desenvolve esta semana en Sabarís.
A recuperación da actividade constitúe a maior preocupación dos propietarios dos 23 empresas e establecementos comerciais do barrio baionés de Sabarís afectados pola riada do pasado 22 de outubro. Non só rexistran danos as súas mercancías e instalacións, senón que as súas economías tamén se resenten logo de dúas semanas coas portas pechadas. Por iso, esixen ao consorcio de seguros que axilice o cobro de compensacións polo desastre para recuperar canto antes as súas fontes de ingresos.

Louzán confirma a Almuiña candidato do PP á alcaldía

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, presidiu onte a asemblea local deste partido en Baiona, que ratificou a Jesús Vázquez Almuiña como candidato á alcaldía nas eleccións de maio do ano que vén. Este responsable encomiou a xestión realizada polo alcalde, que actualmente goberna en coalición con dous edís de Coalición Miñorana, un de Veciños Independentes e outro non adscrito.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL