Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Axenda cultural do nadal en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería de Cultura xa ten a nova a programación do Nadal que terá lugar en Baiona durante todo o mes de decembro. É un programa moi variado que abrangue dende exposición temáticas como o Planetario da Caixa organizado conxuntamente coa Concellería de Cultura de Baiona, a exposición de Postais do Nadal que se poderá contemplar no Hall do Concello dende o 12 de decembro a partir das 18:00h e onde participaron máis de 200 nenos e nenas dos colexios públicos de Baiona, Concertos de masas Corais como o Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica de Baiona, o Concerto do Nadal do Coro de Homes Voces Baionesas, e o Concerto de Fin de Ano da Banda de Música de Baiona. Obradoiros de Nadal da Biblioteca Pública de Baiona e a visita de Papa Noel e o Carteiro Real en Baiona.

Baiona busca paxes para a cabalgata de reis

Correo-e Imprimir PDF

Tódolos nenos e nenas de Baiona de idade comprendida entre os 9 e 12 anos, poderán inscribirse na Concellería de Cultura de Baiona a partires de mañá mércores 13 de decembro en horario de mañá, para participar como Paxes Reais na Cabalgata de Reis de Baiona 2007, acompañando nas Carrozas as súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente.

Tódolos nenos e nenas que se inscriban participarán nun sorteo que terá lugar o venres 29 de decembro pola mañá, onde sairán os 12 paxes Reais que participarán na Cabalgata de Reis de Baiona 2007.

Obras de canalización de Gas Galicia

Correo-e Imprimir PDF

As obras de canalización do gas natural que a empresa Gas Galicia, S.A. leva a cabo en zonas comerciais de Baiona e Sabarís quedarán rematadas o vindeiro sábado día 16 do Nadal. Para iso a empresa concesionaria deste servicio comprometeuse co concelleiro responsable de Vías e Obras, Manuel Vilar, a levar a cabo para esa data a reposición do pavimento en pedra granítica das rúas Alférez Barreiro e praza Pedro de Castro levantadas na actualidade. 
Sen embargo a empresa continuará coas súas obras de distribución do gas natural nas diversas zonas das urbanizacións de “O Bosque” i “Escubichas”. 
Para o mes de xaneiro, unha vez que pase o período do Nadal, reiniciaranse as obras que afectarán entre outras á rúa Benito Fariñas, Pouquena, Camiño Chico, colexio de Covaterreña, etc.

Novas choivas e nova imprevisión política para por fin ás inundacións en Sab

Correo-e Imprimir PDF

A choiva desta mañán volveu provocar os desbordamento do río Grova na parroquia de Sabarís provocando que unha vintena de casas quedaran novamente asolagadas pola auga.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe de que as intensas choivas desbordaron o río en varios puntos e que nestes momentos está controlado aínda que co caudal novamente ao límite actualmente. 

A situación empeora ante a chegada da preamar que fará subir notablemente o nivle do río, provocando esceas que nestes últimos meses se veñen repetindo de acotío.

500 persoas maniféstanse en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Foto - La Voz de GaliciaUns 500 veciños da parroquia de Sabarís, manifestáronse esta tarde en demanda de solución ás constantes inundacións que padecen.

A manifestación foi convocada polo BNG e referendada posteriormente por unha asemblea de veciños.

Xosé Enrique Fernández , portavoz dos manifestantes, expresou a súa satisfacción pola resposta cidadá, logo de «unha semana moi dura, co Goberno local bombardeando aos veciños con datos falsos de que xa estaba realizado o 90 % das obras precisas».

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL