Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Novas choivas e nova imprevisión política para por fin ás inundacións en Sab

Novas choivas e nova imprevisión política para por fin ás inundacións en Sab

Correo-e Imprimir PDF

A choiva desta mañán volveu provocar os desbordamento do río Grova na parroquia de Sabarís provocando que unha vintena de casas quedaran novamente asolagadas pola auga.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, informou hoxe de que as intensas choivas desbordaron o río en varios puntos e que nestes momentos está controlado aínda que co caudal novamente ao límite actualmente. 

A situación empeora ante a chegada da preamar que fará subir notablemente o nivle do río, provocando esceas que nestes últimos meses se veñen repetindo de acotío.

O veciños volveron hoxe ás rúas ante o medo dunha nova riada, e os establecementos permanecen pechados. 
O alcalde Jesús Vázquez Almuiña pediu axuda ao Goberno galego para intentar atopar unha «solución definitiva», aínda que recoñeceu que non é fácil. 

O Concello propuxo varias alternativas para tratar de evitar inundacións, como a drenaxe da estrada litoral, a construción dunha presa no alto do río ou que se duplique a súa canle, medidas que ainda son meros supostos e que non están plasmados como solución real ao problema do río.

Un problema que os veciños non dubidan en achacar ao afogamento da desembocadura do río coa estrada da costa. Decisión políticas e técnicas feitas por quenes no seu momento deron o visto bo a toda a construción nesa franxa do litoral de Sabarís.

Un auténtico dique de contención que está a provocar o desbordamento e inundación das casa máis próximas ao final do cauce do río Grova e ante a mira impotente de todos os veciños e veciñas de Sabarís.