Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Obras de canalización de Gas Galicia

Obras de canalización de Gas Galicia

Correo-e Imprimir PDF

As obras de canalización do gas natural que a empresa Gas Galicia, S.A. leva a cabo en zonas comerciais de Baiona e Sabarís quedarán rematadas o vindeiro sábado día 16 do Nadal. Para iso a empresa concesionaria deste servicio comprometeuse co concelleiro responsable de Vías e Obras, Manuel Vilar, a levar a cabo para esa data a reposición do pavimento en pedra granítica das rúas Alférez Barreiro e praza Pedro de Castro levantadas na actualidade. 
Sen embargo a empresa continuará coas súas obras de distribución do gas natural nas diversas zonas das urbanizacións de “O Bosque” i “Escubichas”. 
Para o mes de xaneiro, unha vez que pase o período do Nadal, reiniciaranse as obras que afectarán entre outras á rúa Benito Fariñas, Pouquena, Camiño Chico, colexio de Covaterreña, etc.

Segundo datos emitidos polos responsables de Gas Galicia á concellería de Vías e Obras, o concello de Baiona supera ó resto dos do Val Miñor na demanda deste servicio, o que a xuízo desta concellería representa a consolidación de Baiona como unha cidade, cada vez con máis servicios e mellor calidade de vida para os seus habitantes.