Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona 500 persoas maniféstanse en Sabarís

500 persoas maniféstanse en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Foto - La Voz de Galicia
Uns 500 veciños da parroquia de Sabarís, manifestáronse esta tarde en demanda de solución ás constantes inundacións que padecen.

A manifestación foi convocada polo BNG e referendada posteriormente por unha asemblea de veciños.

Xosé Enrique Fernández , portavoz dos manifestantes, expresou a súa satisfacción pola resposta cidadá, logo de «unha semana moi dura, co Goberno local bombardeando aos veciños con datos falsos de que xa estaba realizado o 90 % das obras precisas». Fernández sinalou que a falsidade desta información demostrouse cando Tragsa tivo que instalar catro grandes bombas de achique no barrio de Punxido, «nun lugar onde se concluíu unha obra que dicían que ía resolver o problema».

O portavoz ha excplicado que o máis urxente é «a permeabilización da estrada do litoral, que foi feita por Cuiña en 1990 e converteu Sabarís nun encoro», e outras obras en camiños como os do Toxal, o Cemiterio ou das Monxas.

Xosé Enrique Fernández concluíu que se trata de obras pequenas que corresponden ao Concello e que non se fan porque o alcalde adoptou unha política de «victimismo ante a Xunta», cando debía de facer as obras e despois pasarlle a factura a quen corresponda, concluíu.