Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Axenda cultural do nadal en Baiona

Axenda cultural do nadal en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería de Cultura xa ten a nova a programación do Nadal que terá lugar en Baiona durante todo o mes de decembro. É un programa moi variado que abrangue dende exposición temáticas como o Planetario da Caixa organizado conxuntamente coa Concellería de Cultura de Baiona, a exposición de Postais do Nadal que se poderá contemplar no Hall do Concello dende o 12 de decembro a partir das 18:00h e onde participaron máis de 200 nenos e nenas dos colexios públicos de Baiona, Concertos de masas Corais como o Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica de Baiona, o Concerto do Nadal do Coro de Homes Voces Baionesas, e o Concerto de Fin de Ano da Banda de Música de Baiona. Obradoiros de Nadal da Biblioteca Pública de Baiona e a visita de Papa Noel e o Carteiro Real en Baiona.

Martes 12 de Decembro

  • As 18:00h. No hall do concello. Inauguración da Exposición de Postais do Nadal dos nenos e nenas dos colexios de ensino infantil e primaria de Baiona e entrega do premio ó gañador do concurso.
    Mércores 13 de Decembro
  • As 17:00h na biblioteca. Obradoiro Decoración do Nadal
  • As 19:00h na biblioteca. Adorno da Arbore do Nadal e elaboración de adornos do Nadal
    Xoves 14 de Decembro
  • Todo o día. Nas parroquias ext. casa do Concello
  • Instalación de buzóns dos reis magos
  • Música ambiental do nadal. Alumeado navideño nas parroquias
    Venres 15 de Decembro
  • As 17:00 a 19:00h. Na biblioteca. Obradoiro.Elaboración do moneco de Papa Noel e deseño de centros de mesas e velas para o Nadal
    Sábado 16 de Decembro
  • As 20:30h. No Auditorio V Centenario. Festival de Nadal a cargo da Escola de Danza Vila de Baiona
    Domingo 17 de Decembro
  • As 17:00h. No Auditoiro V Centenario. Concerto de corais organizado por ACEBA
    Luns 18 de Decembro
  • As 17:00 e 19:00h. Na Biblioteca da Capitanía Marítima de Baiona. Concerto de corais organizado por ACEBA
  • As 20:00. No Babliteca da Capitanía Marítima de Baiona. Inauguración do Planetario La Caixa
    Mércores 20 de Decembro
  • As 16:30 e 19:00h. Na biblioteca. Obradoiro de cartas de Papa Noel e dos Reis Magos
    Xoves 21 de Decembro
  • As 10:00 e 13:00h. Nos colexios de Baiona. Visita de "Papa Noel"
    Venres 22 de Decembro
  • As 10:00 e 12:30h. Nos colexios de baiona. Visita de "Papa Noel"
    Sábado 23 de Decembro
  • As 18:00 e 19:00h. Na praza Pedro de Castro. Belén vivente organizado polo grupo de teatro A Festa Escénica de Baiona
  • As 20:00h. Na Excolexiata Sta. María de Baiona. Concerto de panxoliñas a cargo da coral polifónica Baiona la Real
  • As 20:30h. No Auditorio V Centenario. Concerto do Nadal a cargo do coro de homes Voces Baionesas
    Sábado 30 de Decembro
  • As 20:30h. No Auditorio V Centenario. Concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Municipal de Baiona
    Mercores 3 Xaneiro >li>As 17:00 e 19:00h. Na praza do Concello. O carteiro rial recollerá tódalas cartas dos nenos de Baiona
    Xoves 4 Xaneiro
  • As 17:00 e 19:00h. Na praza do Concello. O carteiro rial recollerá tódalas cartas dos nenos de Baiona
    Venres 5 de Xaneiro
  • As 18:00h. En Sabarís. Gran Cabalgata dos Reis Magos 2007
  • As 18:30h. En Baiona. Gran Cabalgata dos Reis Magos 2007