Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A consellería de consumo de Baiona lanza a recomendacións para as compras de n

Correo-e Imprimir PDF

Guía para compra de xoguetes seguros, esta é a guía que acaban de publicar para mercar xoguetes seguros. Non en tanto a seguridade dun xoguete vai alén da súa compra, polo que tamén é importante

  •  Vixiar o xogo dos fillos e das fillas 
  • Tomar o tempo necesario para ensinarlles o uso correcto dos xoguetes
  • Comprobar a súa seguridade e desbotalos cando rompan

O concello de Baiona pide expropiar o litoral de Sabarí­s

Correo-e Imprimir PDF
A medida afectaría a dúas vivendas habituais, dúas empresas e a varias leiras sen urbanizar. 
Entre as propiedades do contorno, atópanse varias vivendas de segunda residencia, case todas en situación ilegal.
O goberno municipal de Baiona solicitará ao Ministerio de Medio Ambiente que expropie preto de 80.000 metros cadrados de terreos no bordo litoral de Sabarís. As parcelas inclúense na delimitación do dominio público marítimo terrestre e en zonas verdes colindantes contempladas no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os grupos municipais do PP, Coalición Miñorana e o BNG aprobaron onte no pleno a medida, que pretende protexer a contorna da praia da Ladeira e a marisma da Foz, incluída na rede Natura 2000, e dotar ao municipio de novas zonas para o goce público.

Baiona organiza talleres para coidadores/as, relaxación e musicoterapia

Correo-e Imprimir PDF

A responsable da Concellería de Benestar Social do Concello de Baiona, Angeles Silva, informa da posta en marcha de tres talleres para Coidadoras e Coidadores e dous de Relaxación e Musicoterapia dentro do programa de intervención comunitaria. Celebraránse nos Centros Culturais de Baredo, Baiña e Belesar.: Serán 7 sesións por cada taller. As persoas interesadas poderán dirixirse aos directivos dos Centros Culturais ou informarse nas oficinas de Servizos Sociais (en horario de 9:00 a 13:00).

Exposición Planetario Viaxeiro na Capitanía Marítima de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Dentro das actividades organizadas pola Concellería de Cultura de cara a estas datas do Nadal inaugurase este serán ás 20:00h na Sala da Capitanía Marítima de Baiona a Exposición itinerante “O Planetario Viaxeiro”. Esta exposición vai dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os doce anos e permite aprender algúns conceptos básicos sobre astronomía, o por qué se producen os cambios de estación, por onde sae e se pon o sol, por qué vémola lúa, ou cómo son as constelacións e aprender a identificalas, axudados por un monitor.

O concello de Baiona pide a expropiación da liña de costa de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
O Concello de Baiona solicitará ao Ministerio de Medio Ambiente que expropie ao redor de 80.000 metros cadrados de superficie na zona litoral de Sabarís.
O obxectivo desta demanda é que a parroquia de Santa Cristina poida contar con máis espazos verdes de dominio público na costa e axudar á prevención de inundacións.
A medida afectará a un número aínda non determinado de propietarios e suporá a derriba de varios muros, peches de leiras e tres vivendas que actualmente están habitadas. 

>>> «Levamos 14 anos aquí e estamos moi preocupados»

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL