Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Exposición Planetario Viaxeiro na Capitanía Marítima de Baiona

Exposición Planetario Viaxeiro na Capitanía Marítima de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Dentro das actividades organizadas pola Concellería de Cultura de cara a estas datas do Nadal inaugurase este serán ás 20:00h na Sala da Capitanía Marítima de Baiona a Exposición itinerante “O Planetario Viaxeiro”. Esta exposición vai dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os catro e os doce anos e permite aprender algúns conceptos básicos sobre astronomía, o por qué se producen os cambios de estación, por onde sae e se pon o sol, por qué vémola lúa, ou cómo son as constelacións e aprender a identificalas, axudados por un monitor.

O planetario viaxeiro é un recurso educativo que invita a coñecer o País das Estrelas. É un planetario feito á medida dos escolares. No tempo que dura a visita, os visitantes poden contemplar o paso gradual do día á noite, a percepción do movemento aparente de rotación do firmamento, ou a identificación das constelacións, xogando a “inventar” unhas novas. Tamén se poden aprender algunhas características dos planetas, as constelacións máis famosas, o Sol, a Lúa a as súas fases.

O Planeta Viaxeiro, poderá visitarse na Capitanía Marítima de Baiona dende hoxe 18 ata finais de mes. Os colexios que queiran programar visitas ó Planetario pódense poñer en contacto coa Concellería de Cultura para organizar os horarios no teléfono 986385050