Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O concello de Baiona pide expropiar o litoral de Sabarí­s

O concello de Baiona pide expropiar o litoral de Sabarí­s

Correo-e Imprimir PDF
normal_foz.jpgA medida afectaría a dúas vivendas habituais, dúas empresas e a varias leiras sen urbanizar. 
Entre as propiedades do contorno, atópanse varias vivendas de segunda residencia, case todas en situación ilegal.
O goberno municipal de Baiona solicitará ao Ministerio de Medio Ambiente que expropie preto de 80.000 metros cadrados de terreos no bordo litoral de Sabarís. As parcelas inclúense na delimitación do dominio público marítimo terrestre e en zonas verdes colindantes contempladas no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Os grupos municipais do PP, Coalición Miñorana e o BNG aprobaron onte no pleno a medida, que pretende protexer a contorna da praia da Ladeira e a marisma da Foz, incluída na rede Natura 2000, e dotar ao municipio de novas zonas para o goce público. A cuestión xerou críticas por parte do portavoz socialista, Carlos da Pena, e o representante de VIB, Benigno Rodríguez Quintas, que se abstiveron na votación. Ambos rexeitaron a medida ao considerar que provoca "alarma social" entre os veciños e empresarios de Sabarís. 

Continúa en Faro de Vigo