Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Louzán confirma a Almuiña candidato do PP á alcaldía

Louzán confirma a Almuiña candidato do PP á alcaldía

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
O presidente provincial do PP, Rafael Louzán, presidiu onte a asemblea local deste partido en Baiona, que ratificou a Jesús Vázquez Almuiña como candidato á alcaldía nas eleccións de maio do ano que vén. Este responsable encomiou a xestión realizada polo alcalde, que actualmente goberna en coalición con dous edís de Coalición Miñorana, un de Veciños Independentes e outro non adscrito. O alcalde do PP mantén a maioría grazas ao apoio tácito dun edil independente
O edil de Veciños Independentes de Baiona, Manuel Duarte, apoia tácitamente ao goberno municipal non acudindo aos plenos. Desta forma, evita romper a disciplina de grupo e enfrontarse ao seu xefe de filas, Benigno Rodríguez Quintas e, ao mesmo tempo, fai que o alcalde non perda a maioría, ao desempatar nas votacións co seu voto de calidade.

A escenificación desta estratexia púxose de manifesto no pleno de onte, cando a proposta sobre o financiamento do futuro museo da navegación saíu adiante con oito votos a favor do goberno e oito da oposición.

Almuiña destituíu a Benigno Rodríguez Quintas como edil de Turismo a finais do pasado mes de agosto. Entón a executiva de VIB decidiu pasarse á oposición, pero esta medida só foi secundada polo edil cesado. Adolfo González Piñeiro anunciou o seu abandono da agrupación independente, mentres que Duarte non se pronunciou, pero coa súa actitude de non asistir aos plenos nin dimitir do seu cargo de responsable de Seguridade Cidadá demostra que tamén deu as costas a Benigno Rodríguez.