Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona intensifica a súa promoción no norte de España

Baiona intensifica a súa promoción no norte de España

Correo-e Imprimir PDF
A concellalía de Turismo de Baiona intensifica a  promoción de Baiona coa intención de reforzar a imaxe no exterior. Durante este ano, ademais de acudir con á Bolsa de Turismo de Lisboa, e á presentación da Festa da Arribada en Fitur, en máis dun cento de axencias de viaxes de Castela a Mancha, Navarra, Asturias, Cantabria e País Vasco, distribuírase material promocional de Baiona. 
Segundo asegura o concello, varias destas axencias descoñecían os recursos turísticos da Vila, pero mostraron moito interese en informar ós seus clientes das posibles opcións para visitala. Esta promoción se verá reforzada nesta zona coa participación de “Turismo de Baiona”, na vindeira feira de Expovacaciones, que se celebrará en Bilbao entre os días 10 ó 13 de maio, durante a que se proporcionará a tódolos asistentes, os diferentes folletos nos que se mostran os atractivos turísticos e paisaxísticos da localidade, así como as guías de servizos, planos rueiros e toda a información que os empresarios faciliten dos seus establecementos.