Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Festa da Arribada - Baiona 2007

Festa da Arribada - Baiona 2007

Correo-e Imprimir PDF
Festa da Arribada Baiona
A Festa da Arribada contará este ano con catro exposicións inspiradas no medievo e relacionadas coa temática columbina. Na sala de exposicións da Capitanía Marítima está previsto inaugurar o día primeiro de marzo a mostra Afromerica, o seu contido reflectirá a mestizaxe das culturas de África e América, manifestado nunha interesantísima compilación de obxectos artísticos de gran valor, traballados a partir do Descubrimento. No Concello se inaugurarán o mesmo día outras tres exposicións. As dúas primeiras referentes á cultura dos indios tainos descubertos por Colón, mostrarán o Proceso de elaboración do pan cazabe, a partir da iuca ou mandioca, principal alimento dos indios, e Ritual funerario dos caciques, baseado nas crenzas de ultratumba dos indios, que implicaban unha vida no mais aló moi semellante á terreal e que as inducía ó embalsamamento e a introducir na tumba, durante as exequias, roupaxes funerarios compostos por todo aquelo que lle puidera ser de utilidade trala morte, como xoias, alimentos, armas,etc.


A exposición de traxes, roupaxes medievais confeccionados polas modistas de Baiona completará as mostras temáticas da Arribada. 

Máis información: http://www.baiona.org/?601,1