Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona As SS.MM. os Reis Magos pasarán hoxe por Baiona

As SS.MM. os Reis Magos pasarán hoxe por Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Tradicional carta que se envía a los Reyes Magos
A Concellería de Cultura de Baiona ten todo preparado para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Baiona subidos nas súas magníficas carrozas perfectamente iluminadas e ambientadas.

O percorrido da Cabalgata é o seguinte: Avenida Monterreal, Alférez Barreiro, paseo Elduayen, Ramón e Cajal, Avda. Joselín, Tomás Mirambel, Glorieta República Arxentina, Palos de la Frontera, Glorieta de Colón e Carabela Pinta, rematando na Praza do Concello, onde as súas Maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas que o desexen.

     

  • Sabarís: A Carroza dos Reis Magos sairá ás 17:15h dende a rotonda da Urbanización Ponte Romana continuando pola Avenida Xulián Valverde ata a Praza Victoria Cadaval, continuará pola Porta do Sol, Areas ata a Praia de Santa Marta onde se unirá á Comitiva Real.

     

  • Baiona: As tres carrozas sairán sobre as 18:30h dende a praia de Santa Marta uníndose á comitiva Real Bandas de Música, tambores, cabezudos, zancudos, atraccións diversas, etc. Seis módulos de grandes dimensións comporán o eixo central da Cabalgata dende onde se tirarán máis de unha tonelada de caramelos, se repartirán zumes da marca Pago, que este ano colabora coa ONG de Baiona Axuda ó Mundo Necesitado e coa Cabalgada de Reis, dando a coñecer ós máis pequenos o seu producto.