Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Aberto o prazo de solicitude de postos para a Festa da Arribada de Baiona

Aberto o prazo de solicitude de postos para a Festa da Arribada de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Cultura de Baiona acaba de facer público o Regulamento do Real Mercado Medieval que se vai celebrar os días 3 e 4 de marzo do vindeiro ano co gallo do 514 cabodano da Arribada da carabela Pinta á Vila.

O novo Regulamento inclúe varias novidades que segundo o titular de Cultura, Alfonso Mandado, pretenden potenciar o rigor histórico que caracteriza a esta festa. Entre eles cabe destacar a obriga de un depósito previo de 50€ por parte dos titulares dos postos, en concepto de aval-fianza.

O mercado estará aberto exclusivamente os días 3 e 4 de marzo, en horario de 10 a 23H. Fora deste calendario e horario non se permitirá a apertura de ningún posto na rúa, agás aqueles autorizados á restauración ou venda de comidas.

Unha vez rematado o Mercado, ó Concello procederá a devolver os avais por domiciliación bancaria, a tódolos usuarios de postos que non vulnerasen o Regulamento.

As solicitudes de postos poderanse facer en impreso oficial facilitado nas oficinas municipais e o prazo de solicitude estará aberto dende o día 8 de xaneiro ó 10 de febreiro, ambos inclusive, en horario de oficinas.

A adxudicación terá lugar en acto público celebrado o día 17 de febreiro ás 11 da mañá no Salón Municipal de Plenos.