Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Unha tonelada de caramelos na cabalgata de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Cabalgata en BaionaA súas maxestades tamén estarán presentes na gran cabalgata organizada polo concello de Baiona onde se repartirá unha tonelada de caramelos.

Ás 17 h. sairá da Urbanización Ponte Romano en Sabarís e as 18 h. fará o mesmo dende Santa Marta. A Cabalgata terminará na entrada do Parador, onde as súas maxestades recibirán a todos os nenos e nenas que se acheguen.

O video-denuncia dun percebeiro de Baiona circula na rede

Correo-e Imprimir PDF

O vídeo do percebeiro de Baiona que leva percorrendo a rede
O vídeo-denuncia deste percebeiro de Baiona percorreu onte as redes sociais de xeito viral, chegando ás 500 visualizacións en apenas 2 días. Este percebeiro de Baiona denuncia a precaria situación e a desesperación por mor do furtivismo que arrasou con toda a campaña de Nadal. Os percebeiros denuncian a falta de control por parte da administración, que incluso "os incita a que eles mesmo fagan o labor de vixilancia e denuncia", unha situación que manifestan "incita ao enfrontamento ou incluso á violencia". 

A crise do percebe en Baiona.

A crise do percebe ne Baiona supón o afundimento da Confraría de Pescadores "A Anunciada". Así o manifestaban os membros do cabildo en declaracións á prensa o pasado 3 de decembro, xa que a acción do furtivismo sen vixiancia durante os últimos cinco meses reduciu drasticamente a presenza de percebe na costa miñorá e de Oia. Os percebeiros dan por perdida a campaña de Nadal,  no que o ano pasado chegaron a facturar 119.719 euros no mes de decembro onde a poxa do percebe supón o 60% da facturación total da Confraría. 

Mercar vivenda de segunda man en Baiona é máis caro que en calquera outro lugar de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

graficavivendabaionaA un promedio de 2.875€ por m2, Baiona é o concello máis caro á hora de mercar vivenda de segunda man en Galicia. O dato xurde dun estudo elaborado a partir dos valores de mercado no mes de novembro polo IESE Business School  e recentemente publicado polo portal inmobiliario Fotocasa.es . A cifra toma maior relieve se a comparamos cos 2.627€ que vale o m2 no concello da Coruña, nomeadamente o seguinte de maior custe no territorio autonómico.

Unha familia desaloxada por orden xudicial esta tarde no Casco Vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

familia 1María Luisa, de 52 anos, con dous fillos e sen traballo foi desaloxada esta tarde dun baixo onde vivía dende hai 42 anos no Casco Vello de Baiona. Un ano sen abonar unha renda de pouco máis de 50 euros foi o motivo polo que o xuíz ordenou o desafiuzamento. Os fillos de María Luisa son maiores de idade, mais un deles sofre a Síndrome de Pierre-Robin, unha enfermidade xenética que esixe un tratamento especial.

Isabel Domínguez (PSOE) rexeita a decisión de Almuíña de retirar a Baiona da Mancomunidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

isabel-atrilA proposta de retirar a Baiona de Mancomunidade de Vigo feita polo gobernante PP atopará a oposición da agrupación socialista local. A medida, baseada na acusación de que o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, non adoita unha actitude de consenso á hora de xestionar medidas e que a mancomunidade non aporta beneficios aos baioneses, foi refutada pola  portavoz do PSOE-Baiona, Isabel Domínguez. A concelleira informa que os pouco máis de 10 mil euros anuais que o Concello aporta a esa administración, lévanlle reportado ao municipio case 300 mil euros só en proxectos de desenvolvemento rural (PRODER) nos últimos catro anos. Por outra banda, sinala que a actitude do actual rexedor baionés, o popular Jesús Vázquez Almuíña, non é de feito "un exemplo en materia de exercicio democrático do poder e moito menos fai gala dunha política de consensos á hora de gobernar."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL