Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A oposición solicita un pleno extraordinario e urxente para deter as obras de humanización en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

Os grupos municipais do PSOE, BNG e UPyD presentaron no Rexistro Municipal de Baiona unha solicitude cara á celebración dun Pleno Extraordinario e de carácter urxente co fin de paralizar a primeira fase da humanización da Rúa Julián Valverde en Sabarís. O escrito, redactado polos portavoces das tres agrupacións, foi entregado este mediodía, momentos antes dunha xuntanza informativa citada polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña.

Sabarís mobilízase cara a suspender ata despois do verán as obras da Rúa Julian Valverde.

Correo-e Imprimir PDF

Tres manifestos circulan dende hoxe por todo Sabarís e Baiona pedindo a suspensión das obras de humanización na céntrica rúa Julián Valverde. Os afectados, veciños, comerciantes e usuarios, solicitan ao Concello de Baiona o aprazamento das mesmas ata despois de rematada a estación estival.

COEMSA solicitará o aprazamento do inicio das obras en Sabarís para non perxudicar ao comercio e as empresas

Correo-e Imprimir PDF

Cartel de obra na entrada de Sabarís
O concello de Baiona comunicou onte informalmente a varios representantes de COEMSA, a Asociación de Comerciantes e Empresasarios de Sabarís, o inicio dentro de 10-15 días, das obras de humanización da rúa Julián Valverde, a rúa principal de Sabarís.

COEMSA considera que o peche da rúa e as obras durante todo o período estival, os meses de máis afluencia de turismo, van supoñer un duro varapalo á economía maltreita dos comerciantes e empresas da zona que se atoparán con difucultades e atrancos nos accesos a casas e comercios.

"Bai de Tapas" acada as 10 mil tapas servidas nos primeiros 15 días da campaña.

Correo-e Imprimir PDF

bai-de-tapas-baiona"Máis de 10 mil tapas servidas, é o resultado dos primeiros 15 días do concurso "Bai de Tapas" según os datos dos organizadores, Concello de Baiona e  Asociación de comerciantes local ACEBA. A cifra foi cualificada como un "éxito", pola concelleira de Turismo, María Iglesias, quen salientou que a "elaboración de las tapas, su calidad y su presentación, está sorprendiendo a todo el público participante, que valora positivamente esta iniciativa".

Baiona "Bai de Tapas" ata o 20 de maio

Correo-e Imprimir PDF

tapas pinchosO Concello de Baiona, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACEBA), celebrará a partir do 19 de abril a primeira edición do Concurso de Tapas de Baiona "Bai deTapas".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL