Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O pleno de Baiona aprobou os orzamentos para 2012 e a recuperación do aparcadoiro do Aral.

Correo-e Imprimir PDF

carabelaCos votos negativos do PSOE e o BNG, o Concello de Baiona iniciará a recuperación da xestión do aparcadoiro subterráneo do Areal. Así foi decidido no pleno celebrado no día de onte na Casa Consistorial, onde tamén foron aprobados os orzamentos xerais do 2012 por un total de 8,24 millóns de euros, dos cales 1,100 serán destinados a Investimentos.

Presentan no Concello de Baiona 1.454 sinaturas a prol dunha ludoteca no Burgo.

Correo-e Imprimir PDF

oburgoA recollida de sinaturas a prol da instalación dunha ludoteca nas vellas instalación da Escola Municipal do Burgo, acadou 1.1454 firmas que foron entregadas este mediodía no Concello de Baiona. A campaña xurdiu a partir dunha decisión do pleno municipal que quería converter a escola recentemente pechada, nun centro de lecer e ocio veciñal.

Máis de 30 persoas iniciaron o seu primeiro curso formal de ensino da lingua do país en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

celga1Máis de 30 persoas iniciaron o curso CELGA nivel 1 nas instalacións do Centro Multiusos Angel Bedriñana, co fin de obter unha primeira achega de ensino formal da lingua do país. O curso está organizado polas Concellerías de Traballo e Educación do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Veciño de Baredo detido como presunto autor dun incendio forestal.

Correo-e Imprimir PDF

A Policía autonómica detivo na parroquia de Baredo, en Baiona a un home como presunto autor dun incendio que afectou a 7.000 metros cadrados de monte. Segundo as autoridades, o incendio iniciouse por unha queima de lixo "sen adoptar as medidas de seguridade". Para extinguir este incendio foi necesaria a intervención dos servizos de extinción da Xunta de Galicia.

O Concello de Baiona e a Fundación Mafre montarán un circuíto de Karts para o ensino da seguridade viaria.

Correo-e Imprimir PDF

karts-infantilesO Concello de Baiona, en colaboración coa Fundación Mafre, organizará "A Caravana de Educación Viaria", a través da cal os colexios, asociacións culturais e deportivas con públicos infantís recibirán formación e concienciación en materia de seguridade viaria. Co fin de levar a cabo esta actividade, o alcalde de Baiona, a concelleira de Educación e o responsable da Caravana da Fundación Mafre, José Antonio Branco asinaron un convenio de colaboración que permitirá a instalación dun aula totalmente equipada con medios audiovisuais e un circuíto de Karts de 1000 metros cadrados, todo iso orientado a nenos de entre 9 e 12 anos, alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL