Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A I Gala do Deporte de Baiona encheu as instalacións do Auditorio V Centenario.

Correo-e Imprimir PDF

1gala deporte_baionaJosé Luis Vilar (karting), Marta Canella (baloncesto), Iñaki López (piragüismo) e Carmen Rodríguez (atletismo) foron os catro deportistas galardoados na I Gala do Deporte de Baiona. A ceremonia celebrada este sábado no Auditorio V Centenario congregou a centos de deportistas da bisbarra e público en xeral, os que encheron as súas instalacións. O evento, organizado pola Concellerías de Deporte e de Actividades Marítimas, contou coa presenza dos tres alcaldes do Val Miñor, o presidente da Deputación,Rafael Louzán e representantes de entidades deportivas públicas e privadas.

Aberto o prazo para acollerse á bonificación do 15% na tarifa da auga para familias numerosas en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

grifo credito-300x294As familias numerosas deberán presentar durante o mes de xaneiro unha solicitude ante o Concello de Baiona, a fin de acollerse o 15% da bonificación, establecida na normativa que regula a taxa por prestación de servizo de abastecemento de auga.

Aberta a porta para a privatización do Parador de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Parador de Turismo de Baiona - Imaxe: parador.esO Parador de Baiona, e os 92 paradores nacionais repartidos por toda a xeografía española, poderían pasar a mans de capital privado.

O Goberno Central ten previsto estudar a posible entrada de capital privado na rede de Paradores Nacionais, aínda que é unha decisión que aínda non está tomada, o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, Jose Manuel Soria indicou que se está a estudar a proposta.

Peche de rúas no casco histórico de Baiona por obras de saneamento.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona está a desenvolver un plan de substitución da rede de saneamento no casco histórico da vila. As actuacións concéntranse no cruce da Rúa Herminio Ramos, a Porta da Vila e Santísima Trinidad. Por mor disto as vías quedarán pechadas ao tráfico rodado e prohibido o estacionamento. A prohibición se estenderá ata o vindeiro día 20 de xaneiro.

Despois de Santiago, Baiona é o destino máis elixido polos excursionistas dos cruceiros.

Correo-e Imprimir PDF

Cruceiros de VigoBaiona foi o segundo principal destino elixido polos pasaxeiros dos cruceiros que desembarcaron no porto de Vigo no 2011 e decidiron tomar unha excursión. O dato foi comunicado pola Autoridade Portuaria de Vigo, no seu informe anual e tomando como fonte ás propias empresas navieiras. A cifra de turistas que chegaron por este medio á Vila Real foi próximo aos 12.200.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL