Venres, 10 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Aberta a porta para a privatización do Parador de Baiona

Aberta a porta para a privatización do Parador de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Parador de Turismo de Baiona - Imaxe: parador.es

O Parador de Baiona, e os 92 paradores nacionais repartidos por toda a xeografía española, poderían pasar a mans de capital privado.

O Goberno Central ten previsto estudar a posible entrada de capital privado na rede de Paradores Nacionais, aínda que é unha decisión que aínda non está tomada, o ministro de Industria, Enerxía e Turismo, Jose Manuel Soria indicou que se está a estudar a proposta.

Soria, en rolda de prensa celebrada para anunciar os datos provisionais da chegada de turistas internacionais durante o 2011, dixo que a rede de Paradores é un dos mellores expoñentes do reclamo que ten o turismo español e supón unha «oferta diferenciada e diferenciadora».

 O ministro deixou claro que no Goberno vai a estudar a posibilidade desa entrada de capital privado a condición de que supoña unha mellora na xestión.