Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Peche de rúas no casco histórico de Baiona por obras de saneamento.

Peche de rúas no casco histórico de Baiona por obras de saneamento.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona está a desenvolver un plan de substitución da rede de saneamento no casco histórico da vila. As actuacións concéntranse no cruce da Rúa Herminio Ramos, a Porta da Vila e Santísima Trinidad. Por mor disto as vías quedarán pechadas ao tráfico rodado e prohibido o estacionamento. A prohibición se estenderá ata o vindeiro día 20 de xaneiro.

 

Os traballos, adiantou a administración municipal, ten por fin solucionar os problemas producidos por unha rede de saneamento deteriorado e envellecido, con canalizacións que se

Segundo o Concello o aumento de poboación unido á antigüidade da rede estaba provocando inundacións de baixos e malos cheiros na contorna que coa substitución de tubaxes e un maior calibre das mesmas xunto á separación de pluviais quedará solucionado.

Desde o concello pídese desculpas aos afectados polos inconvenientes que a execución das obras poida causar aos usuarios e veciños das citadas rúas que aseguran, "tras a execución das obras mellorará a súa calidade de vida".