Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Despois de Santiago, Baiona é o destino máis elixido polos excursionistas dos cruceiros.

Despois de Santiago, Baiona é o destino máis elixido polos excursionistas dos cruceiros.

Correo-e Imprimir PDF
Cruceiros de Vigo

Baiona foi o segundo principal destino elixido polos pasaxeiros dos cruceiros que desembarcaron no porto de Vigo no 2011 e decidiron tomar unha excursión. O dato foi comunicado pola Autoridade Portuaria de Vigo, no seu informe anual e tomando como fonte ás propias empresas navieiras. A cifra de turistas que chegaron por este medio á Vila Real foi próximo aos 12.200.

Esta morea de visitantes é produto das 118 escalas que recibiu o porto vigués durante o 2011, cun rexistro histórico de 252.829 pasaxeiros. Destes, segundo os cálculos do informe, un 10% permaneceu a bordo das naves, próximo a 164 mil decidiron non tomar excursións. Do resto, os destinos elixidos, ordenados segundo o seu éxito, foron Santiago de Compostela, con case un 40 % do total de pasaxe; Baiona (22 %); Vigo, (11 %); Cambados (7,5 %); A Toxa (6,3 %), Valença e Tui (5,3 %) e, para rematar, Pontevedra - Combarro ( 4,37% ).