Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Os comerciantes de Sabarís decláranse en loito oficial: "Sin el mercado nos morimos".

Correo-e Imprimir PDF

rua-julian-valverde-sabaris"Sin el mercado nos morimos", berra un cartel feito pola Comisión de comerciantes e empresarios de Sabarís (COEMSA) que dende esta mañá está a circular nas redes, a través de correos electrónicos e nos escaparates dos negocios e vivendas da zona. Os afectados informan que a Rúa Julian Valverde "es ya de un solo sentido y con el tramo desde la rotonda de Puente Románico al Callejon del Herrero sin poder parar o aparcar".

Acampadas escolares na XI Semana Verde 2012 en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

acampada baionaOs próximos días 25,26 e 27 de xuño, o Concello de Baiona, a través da Concellaría de Deportes, en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor, Asociación veciñal de montes de man común de Bahiña, Concellaría de Medio Ambiente de Baiona e a Xunta a través da Conselleria de medio Rural organizan unha nova acampada en Chan da Lagoa para os escolares do municipio.

Os comerciantes de Sabarís comezan a notar a baixa de ingresos nos seus negocios ante o caos de organización do mercado

Correo-e Imprimir PDF

Os comerciantes realizaron unha protesta na ponte Vella de Sabarís"Ni tenemos mercado, ni han empezado las obras" así de indignados mostrábanse onte un centenar de  comerciantes de Sabarís ante a falta de coordinación e información por parte do Concello.

As cafeterías e supermercados da Avda Julián Valverde notaron xa as consecuencias económicas da reubicación dunha parte do mercado de Sabarís na zona do cemiterio.

De Sabarís e outras deshumanizacións

Correo-e Imprimir PDF

rua-julian-valverdeAínda abraiado polo repentino interese cultural da Asociación local de Comerciantes e Empresarios, o pasado domingo, 13 de maio, acudín, con dúas pequenas acuarelas, á segunda edición dunha mostra de pintura e escultura que, no mercado de Sabarís, convoca a devandita asociación. É coñecido o vello método de acudir ás artes cando se procura unha imaxe cultivada e desinteresada. Outra cousa non hai. Pois, a verdade, así, entre nos, se calquera dos membros da asociación quixera botar unha man aos artistas, de calquera cor e condición, tiveron anos dabondo, nos seus hoteis e establecementos públicos, para facelo. E como sempre, o de menos é a exposición. Un confuso revoltallo, mal pensado e mesturado, que anulaba todo tento racional de distinguir, valorar e dixerir. Non, non falo de calidades. Só defendo unha achega digna á obra. En toda exposición pública, en todo proxecto aberto á comunidade, latexa unha dimensión didáctica, unha posibilidade de aprendizaxe e coñecemento. Toda forma construída no espazo real, unha pintura, unha exposición colectiva ou unha proposta urbanística, supón a expresión material dunhas ideas, fundamentos e contextos. Por iso é tan importante o feito de salientar as súas características, coñecer as súas necesidades internas, o seu discurso singular. A confusión, a mestura e as presas, opóñense á distinción e o xuízo. Enfróntanse á libre formación, madureza e confrontación dos criterios cos que percibimos a realidade. Ao gradual cultivo da sensibilidade. Á cultura. Esa cousa sempre difusa, incomprensible e aparentemente inútil.

O PXOM de Baiona non terá instancias de participación cidadá.

Correo-e Imprimir PDF

urabana-baionaOs contidos do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Baiona non serán públicos ata a súa presentación para aprobación inicial no Pleno da Corporación. Así o comunicou este xoves o alcalde Jesús Vázquez Almuíña aos portavoces municipais, segundo fontes que participaron da reunión. Por outra banda, no mesma xuntanza onde foi presentado o novo equipo redactor do documento, manifestouse recorrer ante a Xunta de Galicia o informe negativo "á baixa", das previsións do crecemento demográfico do municipio, que tería importantes repercusións na cantidade de novas vivendas contempladas no plan.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL