Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Sanidade considera non aptas para o baño ás praias d'A Ladeira e A Concheira de Baiona, por segundo ano consecutivo

Correo-e Imprimir PDF

 A
Por un ano máis as praias de Ladeira e a Concheira de Baiona teñen unha cualificación sanitaria deficiente por parte da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. Segundo os datos da Dirección de Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a 18 de xuño, as concentracións de coliformes fecais nas súas augas están por riba dos mínimos admitidos para zonas de baño segundo o Real Decreto 1341/2007 que rexe a xestión da calidade da auga no Estado español. A mesma normativa ordena a prohibición de baños nas praias co devandito cualificativo.

Roubo nun supermercado de Sabarís na madrugada do sábado

Correo-e Imprimir PDF

Os asaltantes acederon ao interior do local na pasada madrugadaSabarís amenceu hoxe coa nova do roubo nun supermercado da zona a pasada madrugada do sábado para o domingo.

Todo indica a que varios asaltantes encapuchados accederon ao interior do local e asaltaron dúas caixas fortes do supermercado.

Chenoa e Merche anuncian a súa actuación na Festa da Anunciada en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

chenoa-mercheAs cantautoras Chenoa e Merche anuncian a súa participación nos concertos da Festa da Anunciada o vindeiro domingo 5 de agosto. Aínda que o Concello non ten presentado o programa oficial, ambas as dúas artistas fixeron o anuncio nas súas respectivas web oficiais.

Polémica recolocación das paradas de autobús de Sabarís nas rotondas Santos Peralba e Praia Ladeira.

Correo-e Imprimir PDF

santos-peralba-1A colocación de paradas de autobuses nas rotondas de Sabarís ingresan un novo ingrediente ás xa polémicas obras de humanización na vila. Ante o desvío do percorrido dos autobuses da Rúa Julián Valverde cara a Avenida Foz do Miñor, o Concello de Baiona dispuxo dúas na contorna da praza Santos Peralba e outras tantas na rotonda de acceso á Praia Ladeira. Ambos os dous enclaves atopados en lugares de moito tráfico vehicular e peonil onde o estacionamento de autobuses pode xerar graves inconvenientes nas horas de maior circulación.

Os comerciantes de Sabarís volven a sair á rúa para reclamar a volta do mercado

Correo-e Imprimir PDF

Os comerciantes continúan a súa protesta para reclamar a volta do mercadoOs comerciantes e praceiros de Sabarís non dan o seu brazo a torcer na turra que manteñen co concello de Baiona para reclamar a volta a Sabarís do tradicional mercado.

Os comerciantes manifestáronse onte na nova ubicación do mercado en Ladeira e trasladaron as súas queixas ante o presidente da Xunta, aproveitando a súa visita Sabarís.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL