Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Chenoa e Merche anuncian a súa actuación na Festa da Anunciada en Baiona.

Chenoa e Merche anuncian a súa actuación na Festa da Anunciada en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
chenoa-merche

As cantautoras Chenoa e Merche anuncian a súa participación nos concertos da Festa da Anunciada o vindeiro domingo 5 de agosto. Aínda que o Concello non ten presentado o programa oficial, ambas as dúas artistas fixeron o anuncio nas súas respectivas web oficiais.

 Chenoa (Maria Laura Corradini Falomir, Arxentina, 1975), chegará a Baiona dentro dunha xira por Galicia que a levará ademais polos concellos d'A Rúa (Ourense), o 3 de agosto, Baiona (5 de agosto), Leiro (Ourense), o 18 de agosto e rematará en San Pedro de Vilanova (A Coruña) o 25 de agosto. Segundo información do sitio oficial, Chenoa ofrecerá un Concerto Acústico.

Pola súa banda, a cantautora gaditana Merche (Mercedes Trujillo Callealta, Cádiz-1974), se ben non dá detalles do concerto, atópase nestes momentos presentando o seu último traballo discográfico "Acordes de mi diario"(2011) e seguramente interpretará temas da nova gravación que está a lanzar no outono.