Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O concelleiro nacionalista de Baiona, Xosé Enrique Fernández abandona o BNG.

Correo-e Imprimir PDF

xose enrique_bngA noticia foi comunicada extraoficialmente esta tarde, e confirmada a Valminor.info por fontes da propia agrupación. Fernández, ao igual que outros militantes nacionalistas, marcharía por non compartir a actual liña política do Bloque, xurdida da pasada Asemblea Nacional celebrada a fin de semana en Santiago. Segundo as mesmas fontes, o concelleiro conversará nas próximas horas cos actuais representantes do Bloque a fin de chegar a un acordo para manter o seu posto na corporación municipal en calidade de non afiliado.

A bicarse sen medo! O alcalde de Baiona rectifica e retira o control de actos "obscenos" na vía pública.

Correo-e Imprimir PDF

beso-blanco
O alcalde Jesús Vázquez Almuíña rectifica e quitará as referencias aos actos "sexuais" ou "obscenos", do texto de modificación da Ordenanza de Convivencia Cidadá proposta para o vindeiro pleno. A incerteza sobre o tipo de actos sobre os que podería penalizarse e a morea de reaccións contrarias que provocou a publicación da iniciativa, fundamentalmente nas redes, foi motivo suficiente para que a petición do grupo municipal socialista, o rexedor aceptará quitar calquera referencia ao termo do texto do acordo. A portavoz do PSOE Baiona, Isabel Domínguez, que foi quen deu a alarma sobre a existencia desta iniciativa de cara ao pleno, felicitouse da actitude do alcalde "Rectificar é de sabios", dixo.

Multas de ata 3000€ para quen practique sexo ou realice obscenidades nos espazos públicos de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

obscenoDespois da solicitude da Asociación de Veciños do Casco Histórico de Baiona, o alcalde Jesús Vázquez Almuíña aprobará no vindeiro pleno municipal unha modificación da Ordenanza municipal de Convivencia Cidadá que prohibirá "todo tipo de actos sexuais e obscenos" na vía pública ou no interior de vehículos que se atopen en calquera espazo público, "sempre que ditos actos trascendan ou se perciban desde calquera ámbito público". A ordenanza non especifica que tipo de actos serán considerados "obscenos".

O Concello de Baiona abre o prazo para aspirantes aos postos da Festa da Arribada 2012.

Correo-e Imprimir PDF

postos arribadaO Concello de Baiona deu a coñecer as bases para aspirar aos postos de edición 2012 da Festa da Arribada. Para obter posto de venda no Real Mercado Medieval é mester solicitalo no Concello en impreso oficial ata ó 15 de febreiro. A festa celebrarase os días 3 e 4 de marzo de 2012, dende as 10:00h da mañá ata as 23:00horas. A adxudicación dos postos de venda farase en acto público o sábado día 18 de febreiro ás 11:00h da mañá no Salón de Plenos do Concello.

O Hotel Arce de Sabarís, galardoado nos "Oscar" hostaleiros entregados no Fitur 2012.

Correo-e Imprimir PDF

hotel-arce

Tripadvisor, uns dos maiores portais turísticos do mundo, galardoou ao Hotel Arce de Sabarís adxudicándolle o lugar 25 entre os mellores complexos de España, na categoría "calidade - prezo". O anuncio tivo lugar durante a décima entrega dos premios Traveller's Choice Hotels 2012, celebrada na Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid. O hotel baionés, xestionado por unha familia, cumpriu este ano a súa oitava tempada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL