Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Se non ten quen lle axude a baixar as escaleiras en silla de rodas non pode acudir ao centro de día

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Nuñez Feijóo visita o Centro de Día Mancomunado Val Miñor  - Autora: Ana Varela. Prensa Xunta de Galicia"Se non ten a alguén na casa que lle axude a baixar e subir as escaleiras coa silla de rodas, nós non podemos axudalo para vir ao centro de día. Ten que pagar unha ambulancia ou un taxi para que o leven todos os días ata alí"  Está é a respota que recibiu un veciño do Val Miñor con discapacidade que solicitou praza no centro de día mancomunado de Sabarís.

Os veciños de Nigrán e Gondomar corren a mesma sorte, pero teñen unha traba a maiores, que é a de desprazarse ata os puntos de parada fixados para poderen ser recollidos pola furgoneta adaptada do centro de día mancomunado.

Calendario de actividades lúdico-deportivas - Verán 2012 no concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

duatlon-val-minorO Concello de Baiona a través da concellaría de Deportes e Actividades Marítimas, presentou o calendario de actividades de lúdico-deportivas que para o presente verán do 2012, ten previsto desenvolver para veciños e visitantes da Real Vila. As actividades a desenvolver caracterízanse pola diversidade das mesmas, así como, de ofrecer alternativas de lecer e deporte para todas as idades e sexos.

Novas protestas na Praza de Abastos de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

SabarisMercado1Hoxe ao mediodía os comerciantes de Sabarís volveron a manifestar diante da Praza de Abastos contra o inicio das obras de humanización da Rúa Julian Valverde durante a tempada estival. Segundo os comerciantes o traslado da tradicional feira dos luns -consecuencia do inicio das obras-, volveu a prexudicar as ventas do día, nomeadamente as da Praza de Abastos, onde informan que os praceiros deberon retornar as súas casas coa maioría da mercancía sen vender.

Faladoiro de EU "O colapso do capitalismo español e as súas consecuencias", en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

juan-fajardo-recouso-eu-vilJuan Fajardo Recouso, cabeza de lista por Pontevedra de Esquerda Unida nas próximas autonómicas e actual concelleiro de Vilagarcía se presentará en Baiona para desenvolver un faladoiro sobre "O colapso do capitalismo español e as súas consecuencias". O acto, de carácter público, tamén contará coa intervención do ex catedrático de economía da Universidade de Vigo, Luís Outes Ruso. A actividade terá lugar este venres 8 de xuño no colexio de Covaterreña (Rúa Agrelo s/n) a partir das 20 horas.

O Concello de Baiona entregou os premios do I Concurso de Tapas "Bai de Tapas".

Correo-e Imprimir PDF

 

baitapasNun acto público, celebrado este mércores 6 de xuño pola mañá no Salón de Plenos do Concello de Baiona, foron anunciadas as tapas premiadas do I Concurso de Tapas de Baiona "Bai de Tapas". Os premios outorgados polo xurado foron os seguintes:

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL