Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Se non ten quen lle axude a baixar as escaleiras en silla de rodas non pode acudir ao centro de día

Se non ten quen lle axude a baixar as escaleiras en silla de rodas non pode acudir ao centro de día

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Nuñez Feijóo visita o Centro de Día Mancomunado Val Miñor  - Autora: Ana Varela. Prensa Xunta de Galicia

"Se non ten a alguén na casa que lle axude a baixar e subir as escaleiras coa silla de rodas, nós non podemos axudalo para vir ao centro de día. Ten que pagar unha ambulancia ou un taxi para que o leven todos os días ata alí"  Está é a respota que recibiu un veciño do Val Miñor con discapacidade que solicitou praza no centro de día mancomunado de Sabarís.

Os veciños de Nigrán e Gondomar corren a mesma sorte, pero teñen unha traba a maiores, que é a de desprazarse ata os puntos de parada fixados para poderen ser recollidos pola furgoneta adaptada do centro de día mancomunado.

A situación resulta contradictoria e esperpéntica,  logo de que onte o Presidente da Xunta de Galicia destacara, no mesmo centro de día de Sabarís, a necesidade de sumar esforzos para ser máis eficientes e ofrecer aos cidadáns non só máis servizos públicos senón xestionalos mellor -"cooperar, compartir e colaborar".

Esta cooperación non parece acompañar a estes veciños e veciñas do Val Miñor, que logo de padecer unha situación que marca e condiciona o seu día a día, atópanse "de narices" coa administración que lles nega e lles pecha a única vía de escape posible para romper co "encarceramento diario" que supón non poder sair da casa por vivir nun concello onde a "accesibilidade" e a "axuda asistencial" só parecen adornar as palabras do discurso político ou da campaña electoral.

Os 300.000 euros anuais, a maiores dos outros 145.267€ anuais, que recibe COGAMI exclusivamente para a manutención e transporte das 40 persoas que cubren a capaciadde máxima do centro de día de Sabarís, parecen non ser suficientes como para que o servizo que presta a confederación poida axudar ás persoas con discapacidade a acceder e sair das súas casas, mesmo cando están soas nos seus domicilos.

A xustificación dada dende o propio concello de Baiona é básicamente que "non prestan ese servizo". Os usuarios teñen que ser acompañados "a pé de rúa" ata a furgoneta, e á súa volta son deixados no mesmo lugar, sen que exista a posibilidade de que o chofer poida axudar a ninguén a subir ou baixar, entrar ou sair das súas casas.

As solucións que propoñen dende o concello de Baiona pasan pola solicitude de transporte de ambulancia da Xunqueira, algo que tampouco é posible porque non realizan esta labor de asistencia; e a outra solución proposta dende o concello sería a contratación e pago diario dun servizo TAXI para poder acudir ao centro, que evidentemente debería ser pagado polo solicitante.

Se a situación de transporte adaptado en Baiona ten esta letra pequena, a dos concellos de Nigrán e Gondomar non se queda atrás, dado que os outros dous concellos miñoráns deben sumar outra restricción do servizo. En Gondomar e Nigrán o servizo de recollida non acude directamente aos domicilios dos usuarios do centro de día. Os beneficiarios deben desprazarse o necesario ata os puntos fixados de recollida, similar a un servizo de transporte urbano.

A solución definitiva pasaría por acudir a un centro de día privado en Gondomar ou Nigrán, que sí prestarían este tipo de servizo. 

Os compromisos do presidente da Xunta.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, desprazouse onte ata Sabarís para explicar a nova folla de ruta do documento marco que asinaran Xunta e Deputación para oferecer máis servizos aos cidadáns.  O presidente destacou o compromiso da actual Xunta coas políticas sociais e a aposta pola busca constante da eficencia.

 Neste sentido, o titular da Xunta referiuse ao centro de día Val Miñor en Sabarís, o primeiro centro de día que conta cunha xestión mancomunada e cuxas instalacións visitou onte a tarde. "Unha xestión feita por tres concellos –Gondomar, Nigrán e Baiona- e a Xunta. Unha xestión modélica coa que queremos trasladarlle á sociedade galega un exemplo para dar máis servizos públicos", dixo. 

Dim lights Embed Embed this video on your site