Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O Parador gratis para os de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

paseo-parador-baiona-2A partir desta semana os que teñan un DNI que acredite o seu carácter de baionés terán entrada gratuíta ao Parador Nacional Conde de Gondomar, na vila de Baiona. Os turistas e demais visitantes (o resto dos miñoranos no mesmo saco), seguirán a pagar 1 euro por persoa pola entrada ao establecemento. Para aqueles que paguen a entrada, o custe da mesma lles será descontado en cazo de consumir nalgúns dos establecementos comerciais do parador.

Concentracións ás portas do Parador de Baiona polo despido dunha traballadora.

Correo-e Imprimir PDF

paradormonteboiO sindicato de traballadores do Parador Nacional de Baiona "Conde de Gondomar" anuncian concentracións ás portas da fortaleza para os días xoves 19 e 26 das 16:30 ás 18:30 horas. en sinal de protesta polo despido dunha traballadora do centro hosteleiro.

A calidade das augas dos areais d'A Ladeira e A Concheira seguen sendo "insuficientes".

Correo-e Imprimir PDF

O concello de Baiona non cumpre a normativa sobre as recomendacións ao bañoAs augas das praias de Ladeira e d'A Concheira manteñen a cualificación de "insuficientes" no mapa das zonas de baño de Galicia publicado este mes pola Consellería de Sanidade da Xunta malia que o concello segue calificando as augas como "aptas para o baño"

O concello de Baiona exponse a sancións económicas da Unión Europea se non soluciona o problema de contaminación nestes areais antes do ano 2015.

A pesar das melloras puntuais obtidas no último control microbiolóxico, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, confirmou a este xornal que segue vixente a obriga por parte do Concello de Baiona, de informar da prohibición ou recomendación de non bañarse en ditas praias, conforme o marca o Real Decreto 1341/2007.

A reforma laboral cobra a súa primeira vítima na rede Nacional de Paradores, en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

parador baionaOs traballadores do Parador de Baiona están mobilizados polo despedimento "por causas obxectivas" dunha dependenta decretado pola directiva da empresa. Os traballadores oponse á medida, no entendido que os resultados económicos do parador son positivos "e as perdas da tenda -onde se desempeñaba a traballadora- son debidas claramente a unha mala xestión deste departamento nos últimos anos, que en ningún caso pode ser imputable á traballadora despedida."

As obras de Sabarís non solucionarán os aportes de augas fecais á Foz do Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Agustín Hernández e Vázquez Almuiña durante a visita ás obras - Imaxe prensa Xunta de Galicia

As obras de humanización na Avenida Julián Valverde en Sabarís, non servirán para poñer fin ao problema de aportes de augas fecais ao esteiro da Foz do Miñor.

A Foz leva dende o ano 2004 pechada ao marisqueo por contaminación por augas fecais, tema que está sendo investigado  pola Comisión Europea trala denuncia do colectivo ecoloxista Salvemos Monteferro ante a ineficacia das administracións locais e autonómica. 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL