Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O ERE de Paradores de Turismo despide a 10 membros da plantilla de Baiona e modifica as condicións laborais doutros 64.

Correo-e Imprimir PDF

parador folga
-A dirección de Paradores de Turismo anunciou este martes, entre outras medidas de recortes o despidta de 10 traballadores en Baiona.

-O comité de persoal convoca a tódolos veciños do Val Miñor a acompañar as mobilizacións previstas durante a folga convocada para os vindeiros venres e sábado en Baiona.

-O ERE plantexado pola empresa estatal conta co visto e prace do ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, quen afirmou que de non facelo Paradores entrará en "situación concursal  y de suspensión de pagos".

-O parador de Tui terá un peche temporal de 5 meses e os traballadores pasarán ao paro durante 4.

Augas de Galicia comezou tarefas de limpeza e mantemento nos ríos Fraga, Baíña, Quirincova, e Groba.

Correo-e Imprimir PDF

rio fragaOs ríos Fraga, Baíña, Quirincova e Groba, que cruzan o termo municipal de Baiona están a ser obxecto de tarefas de limpeza e mantemento por parte de Aguas de Galicia. Estas actuacións consisten en efectuar roza de maleza, poda de especies propias da ribeira e en xeral de toda aquela vexetación que irrompe de forma invasiva nas canles, especialmente dos ríos Fraga e Baíña, segundo informou a Concellaría de Medio Ambiente de Baiona, quen solicitou a intervención do ente autonómico . Os operarios tamén proceden á retirada de árbores que presentan risco de caída, revisan posibles desprendementos e eliminan todos aqueles elementos que poidan supor un obstáculo para o paso das augas.

O caos do cruce de Sabarís remata en accidente entre un camión e un turismo

Correo-e Imprimir PDF

O camión chocou contra un turismo durante a manobra. Foto: N.LA falta de ordenación e regulación do tráfico no cruce das rúas Julián Valverde e Jose Pereira Troncoso provocan o caos durante a tarde de onte. Os camións de formigón que transportaban material para as obras, entraban marcha atrás en pleno cruce e finalmente provocaron un sinistro cun turismo.

As medidas de seguridade e a organización da obra non contenta nin a veciños nin comerciantes. Peóns camiñan sen barreiras de seguridade por debaixo de excavadoras e camións e en medio da actividade frenética das obras.

Baiona e Sabarís ultiman detalles para o comezo da 1ª edición de "Baiona d' Pintxos".

Correo-e Imprimir PDF

baionapinchoA Concellaría de Turismo do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) darán comezo este xoves 8 de novembro á primeira edición da ruta "Baiona d´Pintxos", que se celebrará ata o 2 de decembro de 2012. Un total de 22 establecementos ofrecerán os seus petiscos ao prezo de 1€, ou 2€ se se combina cun botellín da cervexa patrocinador do evento.

O Val Miñor conta co mellor hotel "anticrise" de España, o "Arce" de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

hotel arce_robert_websterO Hotel Arce de Sabarís (Baiona) é o establecemento cun prezo por baixo de 50 euros mellor valorado polos usuarios en toda España, segundo unha enquisa realizada pola web de viaxes TripAdvisor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL