Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Val Miñor conta co mellor hotel "anticrise" de España, o "Arce" de Sabarís.

O Val Miñor conta co mellor hotel "anticrise" de España, o "Arce" de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
hotel arce_robert_webster

O Hotel Arce de Sabarís (Baiona) é o establecemento cun prezo por baixo de 50 euros mellor valorado polos usuarios en toda España, segundo unha enquisa realizada pola web de viaxes TripAdvisor.

A citada web anunciou este mércores os cinco hoteis de Galicia por baixo dos 50 euros mellor valorados segundo as experiencias dos seus usuarios, nos que o "Arce" ocupa o primeiro lugar do ranking non só da Comunidade Autónoma senón de toda España cunha puntuación de 4,47 sobre 5.

A nova percorreu tódolos medios especializados en turismo e viaxes de España e o mundo en diante co cualificativo do "Hotel anticrise de España". Trátase dun novo recoñecemento que recibe este establecemento de xestión familiar por parte de TripAdvisor (o sitio web de viaxes máis grande do mundo), que xa lle entregara o Certificado de Excelencia 2012 o pasado mes de maio a este hotel miñorán.