Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Atopan o corpo da muller que caeu ao mar esta mañá mentres estaba ao percebe nas Orelludas.

Correo-e Imprimir PDF

percebeira viladesusoFoi atopado o cadáver dunha veciña de Viladesuso (Oia) de 58 anos que caeu esta mañá ao mar mentres estaba ao percebe nas Orelludas (zona de rochas limítrofe entre Baiona e Oia). O accidente tivo lugar á vista doutras persoas que traballaban nesa zona, pero carecían de medios para auxiliar á vítima, que segundo testemuñas, estivo por máis de media hora loitando pola súa vida. A vítima pertencía á Cofraría de pescadores de A Guarda.

O Euromillones deixa en Baiona un boleto gañador con 55.542 euros.

Correo-e Imprimir PDF

Logotipo-del-sorteo-Euromillon 54239904731_51351706917_600_226A administración número dous de Baiona validou un boleto da terceira categoría do Euromillones , premiado con 55.542€, informou Loterías y Apuestas del Estado. O mesmo corresponde ao sorteo celebrado o pasado venres 7 de decembro, cuxa combinación gañadora foi cos números: 10, 18, 31, 42 e 16.

Os traballadores reclamaron a dimisión da presidenta de Paradores durante a marcha en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

marcha paradoresMedio millar de manifestantes acompañaron as mobilizacións desenvolvidas este sábado na vila de Baiona en contra do ERE e o peche de establecementos decretado por Paradores de Turismo de España. Baixo a consigna "Basta de vividores en paradores", os traballadores dos paradores de Baiona e Tui, pediron a dimisión da presidenta de Paradores Nacionales, Ángeles Alarcó, á que responsabilizan da mala xestión da empresa.

O 90% da plantilla de traballadores do Parador de Baiona secundou a folga nas primeiras 24 horas.

Correo-e Imprimir PDF

paradorBaiona-O parador está funcionando só co xefes de seccións e persoal contratado. Un grupo de traballadores acampará durante a madrugada ás portas do parador.

- O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, rexeitou o convite dos traballadores para participar na marcha deste sábado.

- O BNG de Baiona presenta unha moción a prol de reverter a decisión da empresa, e en rexeitamento da actitude do goberno de Mariano Rajoy que apoia o ERE.

-CC.OO., UGT, CIGA, BNG, PSOE e EU confirman a súa participación na marcha das 5 da tarde deste sábado.

Comeza a folga no Parador de Baiona contra o ERE e o despido de 10 traballadores.

Correo-e Imprimir PDF

parador folgaTras a presentación dun ERE ,por parte da dirección, en Paradores de Turismo de España, os motivos para a convocatoria dunha folga a nivel nacional multiplícanse.

Como xa informamos, estase a desenvolver, entre hoxe e mañá, unha folga nos Paradores de Turismo de España. Os traballadores xustifican a medida na defensa da negociación do convenio que leva bloqueado tres anos, e a aplicación do decreto que elimina a paga de decembro aos traballadores desta empresa pública. A estes motivos engádese a presentación do ERE que anunciou o pasado luns a dirección da empresa e que estará igualmente presente nas reivindicacións destas dúas xornadas de folga.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL