Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Desaparecen misteriosamente as maceiras e parte da vexetación orixinal no espazo verde da Fonte dos Gafos no Burgo.

Correo-e Imprimir PDF

maceiras-antes-O BNG de Baiona denuncia actos de vandalismo sobre as maceiras e vexetación na Fonte dos Gafos.

ANOVA constitúe o seu Comité Local en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

anova-baiona-Antonio Espinar Moure é o novo Coordinador Local da formación nacionalista ANOVA no concello de Baiona.

A resaca da Festa da Arribada de Baiona. O problema do botellón

Correo-e Imprimir PDF

Sergio Piñeiro

A noite do sábado en Baiona rematou co destrozo dalgúns dos postos de venda do mercadiño medieval. Veciños de Baiona denunciaban hoxe a falta de control policial para disuadir aos "vándalos" que fixeron a súa particular festa da Arribada. Pola contra denunciaban a excesiva rigurosidade que existiu para o obrigado cumprimento dos horarios dos comerciantes. Por outra banda, alguns lectores opinaban nas redes que o problema do botellón está desvirtuando por completo o propio caracter festivo co que foi concebida inicialmente a festa, e que cada ano a cousa vai a peor.

Que opinas?

Os afectados polas preferentes irrompen no acto institucional da Festa da Arribada en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Plataforma Afectados polas preferentes durante a protesta en Baiona

Separados por un valado metálico, celebráronse dous actos paralelos no inicio da festa da Arribada, o pasado sábado en Baiona. Por un lado, o oficial coa participación de autoridades municipais, provincias e autonómicas que como tódolos anos, daban inicio ás actividades festivas. Doutro lado do valado, decenas de cidadáns coas xa tamén tradicionais camisas laranxas berraban pola recuperación dos seus cartos, atrapados nas estafas das preferentes e subordinadas.

As obras no Pavillón Municipal de Baiona estarían rematadas en dous meses.

Correo-e Imprimir PDF

 

José Ramón Lete, Secretario Xeral de Deportes da Xunta adiantou que espérase que o Pavillón de Deportes de Baiona estea operativo no vindeiro mes de maio. Así o declarou durante a visita ás instalacións deportivas, logo de afirmar que os atrancos sufridos trala entrada en concurso de acredores da empresa que levaba adiante a obra, fora superado por unha rápida cesión de contrato a unha nova concesionaria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL