-Antonio Espinar Moure é o novo Coordinador Local da formación nacionalista ANOVA no concello de Baiona.
Coa presenza de case un centenar de afiliados e simpatizantes tivo lugar o pasado sábado a elección do Comité Local de ANOVA no concello de Baiona. O acto tivo lugar no local provisional na rúa Laureano Salgado, 21 e contou tamén coa presenza de dirixentes nacionais da formación.
Segundo da conta a formación nacionalista, foron electos por aclamación ademais de Espinar Moure como Coordinador Local; Alfonso López en Organización; Iago Almuiña Rodríguez, responsable de Política Municipal; Santiago Vilar Iglesias, responsable de Movementos Sociais; e Daniel Domínguez Macazaga, responsable de Afiliación e Mocidade.
No transcurso do acto, no que tivo lugar unha valoración da situación actual da comarca e de Galicia, falaron o coordinador nacional de ANOVA, Antonio Araúxo, o coordinador comarcal Xosé Crego e a deputada autonómica por Pontevedra, Chelo Martínez.